• imprimir

O MITECO presenta o primeiro programa de traballo do Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático (PNACC)

El MITECO presenta el primer programa de trabajo del Plan Nacional de Adaptación al Cambio Climático (PNACC)
  • Este programa establece 255 medidas concretas para desenvolver as liñas de acción definidas no PNACC para o período 2021-2025, cun investimento estimado de máis de 1.500 millóns de euros
  • A presentación deste documento supón un paso máis do Goberno no seu compromiso para a adaptación do noso país aos impactos do cambio climático
  • O programa identifica as medidas prioritarias, tendo en conta o nivel de risco asociado aos diferentes impactos do cambio climático, e determina cales son as organizacións responsables para levar a cabo estas medidas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) presentou hoxe o primeiro programa de traballo do Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático (PNACC) ante a Comisión de Coordinación de Políticas de Cambio Climático e o Consello Nacional do Clima para o período comprendido entre 2021 e 2025. A presentación deste documento, resultado dun intenso traballo de colaboración e cun marcado carácter práctico, supón un paso máis do Goberno no cumprimento dun dos compromisos acordados na Declaración de Emerxencia Climática e Ambiental: a adaptación do noso país aos impactos do cambio climático.

Este programa de traballo detalla 255 medidas concretas -223 de carácter sectorial e 32 de carácter transversal- cun investimento estimado de 1.500 millóns de euros. As medidas, que se estableceron tendo en conta o nivel de risco asociado aos diferentes impactos do cambio climático e os potenciais beneficios da súa execución, deberanse levar a cabo antes de 2025 para desenvolver as 18 liñas de acción definidas no PNACC.

O programa supón un importante avance na transversalización das políticas de adaptación e establece cales son as organizacións responsables ou colaboradoras para o desenvolvemento de cada unha das medidas. Ademais, inclúe unha serie de indicadores de cumprimento que facilitan o seguimento e a avaliación das accións levadas a cabo. En concreto, o documento concreta responsabilidades para un total de 18 ministerios, ademais de organismos autónomos e fundacións públicas.

Entre as medidas recollidas contémplase a mellora da rede de observación para a predición e vixilancia de precipitacións intensas asociadas a inundacións, a reactivación do Observatorio sobre Saúde e Cambio Climático e a avaliación da representatividade das redes de espazos naturais protexidos baixo distintos escenarios climáticos para asegurar que cumpran os obxectivos de conservación.

O borrador deste documento foi sometido a consulta pública o pasado mes de novembro e agora atópase na fase final de incorporación das alegacións. Unha vez acabada a súa redacción será aprobado polo MITECO a través dunha Orde Ministerial.

ADAPTACIÓN Ó CAMBIO CLIMÁTICO

A ciencia leva anos analizando e observando os impactos do cambio climático en España e calculando a súa evolución futura: as proxeccións climáticas apuntan a que, en ausencia de respostas de adaptación, os impactos serán cada vez máis graves. Por iso, a adaptación ao cambio climático é un reto estratéxico para o noso país.

O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030, aprobado en setembro do pasado ano, é a ferramenta para construír un país menos vulnerable, máis seguro e resiliente aos impactos e riscos do cambio climático, capaz de anticipar, de responder e de adaptarse a un contexto de clima cambiante. Este plan non só responde á necesidade de adaptación de todos os sectores da nosa economía, senón que se aliña coas novas políticas expostas pola Unión para a recuperación fronte á pandemia.

Este primeiro programa de traballo definiuse nun momento clave para a recuperación económica, sendo de especial importancia aliñar as medidas coas actuacións previstas no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.