• imprimir

O Consello Nacional da auga informa favorablemente o proxecto de Real Decreto para protexer as augas contra a contaminación difusa e a modificación do Regulamento de Planificación Hidrolóxica

El Consejo Nacional del Agua informa favorablemente el proyecto de Real Decreto para proteger las aguas contra la contaminación difusa y la modificación del Reglamento de Planificación Hidrológica
  • A modificación do Regulamento da Planificación Hidrolóxica permitirá actualizar unha norma en vigor desde hai máis de 14 anos, cumprindo un dos fitos esixidos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para antes de que acabe o 2021
  • O proxecto de Real Decreto sobre protección das augas contra a contaminación difusa producida por nitratos procedentes de fontes agrarias pretende ser unha ferramenta para poñer freo a este problema nas masas de auga de todo o país
  • Teresa Ribera sinalou que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia supón unha oportunidade única para realizar a transformación da xestión da auga que require o noso país

O Consello Nacional da Auga, reunido esta mañá en Madrid e presidido pola vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, informou favorablemente sobre a modificación do Regulamento da Planificación Hidrolóxica (RPH) e o proxecto de Real Decreto de protección das augas contra a contaminación difusa producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Este tipo de contaminación, segundo destacou Teresa Ribera, “afecta en España a un 22% das masas de auga superficial e ao 23% das masas de auga subterránea contaminadas por nitratos, que xunto cos pesticidas son as dúas principais fontes de contaminación de orixe difusa”.

A nova norma, que contou con 65 votos a favor, 22 en contra e 6 votos en branco, integra os requisitos da Directiva de Nitratos cos da Directiva Marco da Auga, establecendo limiares máis esixentes para a declaración de augas afectadas e consecuentemente para a designación de zonas vulnerables.

Ademais, incrementa significativamente a frecuencia de mostraxe e establece medidas adicionais e accións reforzadas para reverter a contaminación existente. Así, por primeira vez, habilita aos plans hidrolóxicos a establecer limitacións aos excedentes de nitróxeno no chan.

REGULAMENTO DA PLANIFICACIÓN HIDROLÓXICA

Doutra banda, o Consello Nacional da Auga informou favorablemente o proxecto de Real Decreto que modifica o Regulamento da Planificación Hidrolóxica en relación á preparación dos plans hidrolóxicos e os plans especiais de seca.

Unha reforma que actualiza unha norma que ten máis de 14 anos e que foi necesario adaptar a actuais política europeas e españolas en materia de auga e que se recolle explicitamente entre os fitos esixidos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para antes de que acabe este ano.

As melloras introducidas polo Real Decreto, que contou con 60 votos a favor, 24 en contra e 9 votos en branco, fan referencia a cinco materias que deben ser atendidas nos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, agora en consulta pública.

En concreto refírense a:

a) A consideración do cambio climático na planificación hidrolóxica.

b) A necesidade de establecer criterios comúns na planificación hidrolóxica que garantan a unidade e coherencia normativa en todo o territorio, atendendo ao principio de seguridade xurídica previsto na Constitución.

c) Actualización dos requisitos de publicación e notificación á Unión Europea dos Plans Hidrolóxicos.

d) Organización e documentación dos programas de medidas a impulsar polas distintas administracións competentes.

e) Reforzo dos requisitos para xustificar exencións ao logro dos obxectivos ambientais.

Doutra banda, a reforma exposta introduce no Regulamento de Planificación Hidrolóxica disposicións sobre o contido dos plans especiais de seca que deben promover os organismos de conca e sobre os plans de emerxencia para abastecemento a preparar polos responsables destes sistemas. Tamén regula os procedementos de elaboración, tramitación, aprobación, seguimento e revisión dos citados plans.

Así mesmo, determina as circunstancias e procedementos polos que se declararía a situación excepcional por seca extraordinaria nunha determinada conca hidrográfica e, no seu caso, as condicións previas para propoñer ao Goberno a aprobación dun real decreto de medidas extraordinarias.

NOVO CICLO DE PLANIFICACIÓN

Doutra banda, a vicepresidenta enumerou as principais prioridades do novo ciclo de planificación que pasan por definir uns caudais ecolóxicos que aseguren a protección das augas e os seus ecosistemas, impulsar o saneamento e a depuración para mellorar a calidade das augas e combater a contaminación difusa.

Ademais, os plans do terceiro ciclo fomentarán as actuacións destinadas a restaurar hidromorfolóxicamente os ríos, establecerán obxectivos ambientais en zonas protexidas, traballarán na mellora da seguridade hídrica, recuperarán espazos emblemáticos e apostarán pola dixitalización da auga.

Mellorar a seguridade hídrica, impulsar solucións baseadas na natureza fronte ás inundacións e mellorar a seguridade das infraestruturas hidráulicas, serán labores recolleitos nos novos plans.

Ademais, sinalou que os 1.700 millóns de euros adicionais procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que se sumarán ao investimento de 21.000 millóns de euros previstos nos Plans Hidrolóxicos ata 2027, “supón unha oportunidade única para realizar a transformación da xestión da auga que require o noso país”.

O Consello Nacional da auga tamén presentou a título informativo o Informe de Seguimento dos Plans Hidrolóxicos e Programas de medidas-ano 2020. Con este encontro, o Consello Nacional da Auga volveu a retomar as reunións presenciais que quedaran suspendidas no último ano e medio como consecuencia da pandemia.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.