• imprimir

Balance anual

Ponte Vella

O ano hidrolóxico 2020-21 deixa na Demarcación do Miño - Sil precipitacións similares á media histórica

 

  • Os meses de febreiro e xuño “moi húmidos”, decembro e xaneiro “húmidos”, novembro e agosto “secos” e marzo e xullo “moi secos”
  • Os encoros da Demarcación pecharon o ano hidrolóxico ao 43,75 % da súa capacidade máxima
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, fai balance do ano hidrolóxico 2020-2021 no que, mensualmente, poden destacarse os meses de febreiro e xuño como “moi húmidos”, decembro e xaneiro como “húmidos”, novembro e agosto como “secos” e marzo e xullo como “moi secos”.
 
Nivel precipitacións
 
No ano hidrolóxico 2020/21 recentemente concluído, comezado o 01 de outubro de 2020 e terminado o 30 de setembro de 2021, a precipitación acumulada media na Demarcación Miño-Sil foi de 1.161,6  l/ m2, practicamente igual á media histórica, 1.156,3  l/ m2,  categorizándose o ano 2020/21 como “normal”.
 
No ano hidrolóxico anterior, 2019/20, rexistrouse unha precipitación de 1.266,6  l/ m2, un 10 % por encima da media histórica e un 9 % por encima da do ano 2020/21. Analizando estes resultados en cada un dos sistemas de explotación da Demarcación, o ano hidrolóxico 2020/21 se  categoriza como “moi húmido” no sistema Limia, “húmido” o sistema Miño Baixo, “seco” o sistema Sil Inferior e “moi seco” o sistema Sil Superior; o ano foi “normal” no resto de sistemas, Miño Alto e Cabe.
 
Encoros
 
En relación cos encoros da Demarcación, pecharon o ano hidrolóxico ao 43,75 % da súa capacidade máxima, un 0,33 % menos que a semana anterior. Este volume é un 11,08 % menor que a cantidade de auga  embalsada hai un ano, 54,83 %, e un 13,09 % menor que a enchida media histórica nestas datas do ano, 56,84 %.
 
Caudais e achegas
 
No relativo aos caudais circulantes ao peche do ano hidrolóxico no mes de setembro atópase de media un 23,6 % por encima da media histórica. Analizando a achega acumulada anual na Demarcación, tomando como referencia a achega rexistrada no punto de peche de cada sistema de explotación, o ano hidrolóxico 2020/21 pode  categorizarse como “húmido” en todos os sistemas da Demarcación a excepción do sistema Limia, categorizado como “normal”.
 
Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.