• imprimir

A CHMS investirá máis de 700.000 euros en mellorar o saneamento e a depuración do municipio ourensán de Taboadela

La CHMS invertirá más de 700.000 euros en mejorar el saneamiento y la depuración del municipio ourensano de Taboadela
  • Actualmente os nucleos de Espiñeiro, Xociños, Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela e Palacios non dispoñen do sistema adecuado, o que provoca verteduras recorrentes ao leito

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Alvaro Vila, alcalde de Taboadela, rubricaron hoxe o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das distintas actuacións que mellorarán o saneamento e a depuración do municipio ourensán de Taboadela.

“Na actualidade, os núcleos rurais de Espiñeiro, Xociños, Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela e Palacios, non dispoñen dun sistema de depuración de augas residuais adecuado, o que motiva este proxecto e supón unha nova aposta polo medio ambiente e o desenvolvemento dun rural sostible” explicou o presidente.

“A través do presente protocolo, formalizamos o compromiso do Goberno de España na mellora do saneamento e depuración de augas residuais do municipio de Taboadela, realizando un investimento de 700.000 €.”, concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.