
A Confederación Miño-Sil investirá máis de 3,2 millóns en mellorar o saneamento e a EDAR de Vilalba (Lugo)
- Detalles
- Venres, 17 Setembro 2021

- O proxecto incluirá, ademais, a conexión do polígono industrial á EDAR, a renovación do sistema de saneamento e depuración en O Campo de Cristo, así como, distintas melloras nas ETAP de San Simón e Cañotas
- “Actuacións coas que se solucionará a problemática antiga e recorrente de verteduras que sofre o río Madalena” explicou o presidente
- "Seguimos avanzando coa mirada posta en solucionar un problema recorrente que afecta, por unha banda, ao noso medio natural, e, por outro, a moitas familias de Vilalba, dotando tamén de mellores infraestruturas ao rural grazas aos compromisos que hoxe adquirimos xunto coa CHMS" agradeceu a alcaldesa
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, rubricaron hoxe o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das distintas actuacións que mellorarán o abastecemento e o saneamento do municipio lucense de Vilalba.
Traballos proxectados
O municipio de Vilalba conta cunha rede de saneamento que leva as súas augas residuais á estación de depuración de augas residuais (EDAR) de Os Pasos, a cal recibe un caudal en tempo de choivas, que supera a capacidade de tratamento da mesma e que provoca numerosas verteduras residuais sen tratar ao río Madalena. Para solucionalo procederase á construción dun tanque de tormentas e outras actuacións de mellora do pretratamiento na propia EDAR.
Por outra banda, o polígono industrial de Vilalba está conectado á EDAR municipal, na súa gran maioría, e o resto á EDAR do polígono, o que provoca verteduras puntuais sen tratar ao medio acuático; por iso, é necesario conectar exclusivamente as verteduras industriais a esta última, evitando que recolla vertidos de pluviais que puidesen xerar alivios en tempo de choiva.
En terceiro lugar, en O Campo de Cristo, xunto á estrada N-634, existe unha pequena poboación, situada en Camiño de Santiago, conectada a unha fosa séptica non operativa, cun colector en mal estado; a opción máis viable é a reposición do citado colector dotándoo, ademais, dunha pequena depuradora.
Por outra banda, as ETAP de San Simón e As Cañotas contan cun sistema de depuración con filtros de area que, cando son lavados, xeran efluentes de auga con certa carga contaminante que é vertida a leito público; para liquidalo, sería necesario dotar a estas instalacións de decantadores lamelares que depuren as verteduras antes da súa saída ao leito.
“Actuacións coas que se solucionará a problemática antiga e recorrente de verteduras que sofre o río Madalena” explicou o presidente.
"Seguimos avanzando coa mirada posta en solucionar un problema recorrente que afecta, por unha banda, ao noso medio natural, e, por outro, a moitas familias de Vilalba, dotando tamén de mellores infraestruturas ao rural grazas aos compromisos que hoxe adquirimos xunto coa CHMS" agradeceu a alcaldesa.
O investimento necesario para as actuacións descritas estímase en 3.250.000 euros.