• imprimir

Lectura intencionada da Xunta de Galicia sobre senllos escritos recibidos do MITECO e da CHMS

Lectura intencionada de la Xunta de Galicia sobre sendos escritos recibidos del MITECO y de la CHMS
  • A Conselleira de Medio Ambiente co ánimo de tapar a sua inacción, ata pasados 70 días do aviso da empresa concesionaria, interpreta erroneamente o artigo 55 da Lei de Augas que debería de coñecer
  • Este artigo 55 é moi claro, só é aplicable a encoros nos que concorren varios usos (regadío, abastecemento, hidroeléctrico), non sendo o caso dos catro encoros, que son de uso exclusivo hidroeléctrico
  • O MITECO foi moi áxil na súa modificación normativa para poder evitar situacións deste tipo e, neste sentido, hoxe publicou no BOE o RDL 17/2021

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) responde a nota de hoxe da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

“É a confirmación da manipulación constante da Conselleira con respecto á realidade nun novo exercicio de escapismo das súas propias competencias para actuar” incidiu Quiroga.

“Se na resposta do MITECO e na da CHMS falabamos da reforma ou adecuación do artigo 55 da Lei de augas para evitar estes episodios, é a proba palpable de que, ata a entrada en vigor da nova normativa, non será aplicable ás baixadas de cota nos encoros de uso exclusivo hidroeléctrico, como son os catro encoros en cuestión situados na demarcación do Miño-Sil”, explicou o presidente.

Neste sentido, o MITECO foi moi áxil na súa tramitación normativa para evitar situacións deste tipo e, hoxe mesmo, publicou no BOE o RDL 17/2021 que, no seu artigo 10, “Modificación do texto refundido da Lei de Augas”, habilita mecanismos para evitar estes baleirados, e que entrará en vigor mañá xoves, 16 de setembro:

https://www.boe.es/diario_ boe/ txt. php?ide=BOE-A-2021-14974

“As necesidades ambientais e sociais dos territorios requiriron a corrección destas situacións de baleirados moi acusados, co interese de preservar o medio ambiente e potenciar o desenvolvemento sostible, pensamos que actuar en lugar de falar sen sentido é a clave para solucionar unha situación que nos preocupa ao conxunto da sociedade”, concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.