• imprimir

A CHMS inviste máis de 52.000 € en actuacións de mellora da capacidade hidráulica do río Xares na Veiga (Ourense)

La CHMS invierte más de 52.000 € en actuaciones de mejora de la  capacidad hidráulica del río Xares en A Veiga (Ourense)
  • Actuouse na contorna das aldeas de Baños, Xares e A Ponte, situadas no Espazo Rede Natura 2000 LIC Pena Trevinca
  • Unha brigada composta por 4 operarios traballaron durante 47 xornadas laborais en 5,7 km de leito

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as actuacións de mellora da capacidade hidráulica do río Xares na Veiga-Ourense

Actuouse na contorna das aldeas de Baños, Xares e A Ponte, situadas no Espazo Rede Natura 2000 LIC Pena Trevinca, nun tramo que comprende unha lonxitude total de 5,7 km.

Os traballos consistiron na retirada de árbores caídas ou secas ou, en casos moi puntuais, desestabilizados con perigo de caída ao leito, que provocaban a acumulación de restos arbóreos e tapóns, afectando ao discorrer das augas; tamén se realizaron podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e para facilitar o fluxo en casos de enchente, diminuíndo así o risco de inundacións.

Augas arriba e augas abaixo da ponte sobre o río Xares na localidade de Baños, realizouse a retirada puntual e selectiva de pés con estabilidade comprometida pola súa inclinación ou que crecían na parte central do leito bloqueando o fluxo hidráulico, co obxecto de evitar inundacións.

Ademais, executouse a roza e resalveo selectivo do leito en dominio público hidráulico e zona de servidume nos tramos marcados, especialmente nos puntos en que a vexetación invadía parcialmente o leito, tendo sempre en conta que se trata dun espazo natural protexido.

Estas actuacións foron executadas, durante 47 xornadas laborais, por unha brigada composta por 4 operarios especializados.

O investimento total realizado ascende a 52.000 euros.

10082021 Foto1

10082021 Foto2

10082021 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.