• imprimir

A CHMS finaliza unha estación de control no río Saá ao seu paso polo municipio lucense da Pobra do Brollón

La CHMS finaliza una estación de control en el río Saá a su paso por el  municipio lucense de A Pobra do Brollón
  • Situada na Área con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) de A Pobra de Brollón, para facilitar o control e a capacidade de reacción en períodos de choivas abundantes que produzan incrementos considerables de caudal
  • Investimento de máis de 30.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo Autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as obras de ampliación da REDE SAIH (Sistema Automático de Información Hidrolóxica) no río Saá, ao seu paso por A Pobra de Brollón (Lugo).

Os traballos consistiron na implantación dos equipos necesarios para a medición e transmisión en tempo real dos datos de nivel da auga no leito, temperatura e pluviosidade. As variables recíbense xa, de maneira automática e cada cinco minutos, no CECU (Centro de Control de conca) do que dispón a CHMS en Ourense; os datos poden ser consultados na nosa páxina web:

http://saih.chminosil.es/index. php?url=/datos/ graficas/etiqueta: N040_ AINRIO1

Esta estación está situada na Área con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) de A Pobra de Brollón (Lugo), conforme á planificación de xestión do risco de inundación do segundo ciclo, para facilitar o control e a capacidade de reacción en períodos de choivas abundantes que produzan incrementos considerables de caudal.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 30.075 €.

As obras enmárcanse na actividade 4 "Programas de control e medidas de retención natural" do Proxecto RISC_ ML, dentro da acción encamiñada a ampliación rede SAIH, SAICA, piezometría e control químico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

11062021 pobra de brollon 1

11062021 pobra de brollon

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.