• imprimir

A CHMS resolve o expediente sancionador contra a execución do aparcamento do Club Fluvial sen a correspondente autorización administrativa

La CHMS resuelve el expediente sancionador contra la ejecución del aparcamiento del Club Fluvial sin la correspondiente autorización administrativa
  • A solicitude efectuada en 2016 que foi autorizada pola CHMS, establecía un prazo de execución ata o 21 de marzo de 2018, o que implica a súa caducidade ao comezo das obras (2020)
  • O executado non se axusta ao proxecto orixe polo que neste momento non sería autorizable polo Organismo de conca
  • “É importante lembrar que a directiva do Club Fluvial non ten patente de corso ao incumprimento da lei” concluíu o presidente

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, resolveu o expediente sancionador contra a execución do aparcamento do Club Fluvial sen a correspondente autorización administrativa invadindo as zonas de Dominio Público Hidráulico (DPH) e servidume.

A directiva do Club Fluvial solicitara en 2016 autorización para a execución dun aparcamento cunhas dimensións e características concretas, sendo autorizada polo Organismo e establecendo o prazo de execución dos traballos ata o 21 de marzo de 2018.

Esta sociedade realizou as obras coa autorización caducada e cunhas características distintas ao proxecto orixe, invadindo as zonas de DPH e servidume, o que de ningún xeito podería ser autorizable.

“É importante lembrar que a directiva do Club Fluvial non ten “patente de corso” ao incumprimento da lei” concluíu o presidente da CHMS.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.