• imprimir

A CHMS contrata o estudo de alternativas para restablecer a parte orixinal de Ponte Ribeira (Sarria)

La CHMS contrata el estudio de alternativas para restablecer la parte original de Ponte Ribeira (Sarria)
  • Será o arquitecto Carlos Rosón, da empresa ADIU, o que elaborará este estudo
  • “Rehabilitarase a parte alterada e deixarase á vista a fábrica orixinal desta histórica ponte Medieval” concluíu o presidente

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, desprazouse ao concello lucense de Sarria para informar o alcalde, Claudio Garrido, da contratación do arquitecto Carlos Rosón, do estudo Adiu, para a posta en valor e conservación de Ponte Ribeira.

A través deste encargo estudaranse as distintas alternativas para rehabilitar a parte alterada dos piares da ponte, co interese de deixar á vista a fábrica orixinal desta histórica ponte Medieval.

“Cabe destacar que Ponte Ribeira forma parte das 10 pontes francos que nos atopamos no Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago, e do arraigamento dos sarriáns e dos galegos en xeral, desde hai séculos, ao tránsito de peregrinos pola nosa xeografía ata completar o Camiño” explicou o presidente.

“Desde a CHMS somos sensibles e conscientes do patrimonio cultural asociado ao mundo da auga tan importante no “país dos mil ríos” e consideramos fundamental manter as vías de paso orixinais sen obviar a normativa de augas” matizou Quiroga.

“Estamos ante o paso previo á redacción do proxecto definitivo, que sairá da elección dunha das alternativas propostas, que será executado a finais de ano”, concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.