• imprimir

A CHMS solucionará o problema de inundacións na Rotonda de Parai

La CHMS solucionará el problema de inundaciones en la Rotonda de Parai
  • O investimento do Goberno de España, a través da CHMS superará os 650.000 €, que serán sufragados nun 75% pola CHMS e o 25% restante polo Concello de Lugo
  • Estas actuacións mellorarán a capacidade de desaugadoiro do tramo canalizado do río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira
  • Con estes traballos desbloquearase a problemática existente, que provén do ano 2015, e que provocou a indignación e a queixa dos veciños da zona”, concluíu o presidente

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Lara Mendez, alcaldesa de Lugo, rubrican o Convenio de colaboración que posibilita a execución dos estudos, proxectos e obras para reducir o risco de inundación do río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira.

En xullo de 2020 formalizou o compromiso coa cidade de Lugo para dar solución aos problemas xerados pola mala praxis dunha obra executada pola Xunta de Galicia no ano 2015, sen a preceptiva autorización administrativa e que este Organismo de conca paralizou ao non ser legalizable.

Estas obras alteraron o comportamento e extensión da chaira de inundación do río Rato, nas zonas adxacentes á glorieta de Serra de Meira, provocando, mesmo para a avenida de 10 anos de período de retorno, un maior risco de inundación das vivendas alí existentes con respecto á situación anterior.

“A través deste proxecto executaranse as actuacións que sexan necesarias para mellorar a capacidade de desaugadoiro do tramo canalizado do río Rato na contorna da glorieta, a fin de reducir o risco de inundación en avenidas e cumprir ao mesmo tempo os requisitos marcados polo mencionado artigo do Regulamento de Dominio Público Hidráulico” explicou Quiroga.

Actuacións

Actuarase sobre a sección canalizada do tramo situado augas arriba do caixón de formigón que discorre baixo a calzada, para aumentar a súa capacidade modificando a xeometría actualmente existente. No proxecto estudarase así mesmo a procedencia de actuar da mesma maneira no tramo de río canalizado augas abaixo da glorieta.

“Con estes traballos desbloquearase a problemática existente, que provén do ano 2015, e que provocou a indignación e a queixa dos veciños da zona”, concluíu o presidente.

O investimento do Goberno de España, a través da CHMS, superará os 650.000 €, que serán sufragados nun 75% pola CHMS e o 25% restante polo Concello de Lugo.

07052021 Foto1

07052021 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.