• imprimir

A CHMS continúa os traballos de conservación do río Sil ao seu paso pola localidade leonesa de Villablino

La CHMS continúa los trabajos de conservación del río Sil a su paso por la localidad leonesa de Villablino
  • Esta semana unha brigada forestal, composta por 5 operarios, ultima os traballos de limpeza dun tramo que abarca máis de 350 m. de leito
  • O investimento estimado supera os 12.000 €

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de León. Esta semana unha brigada forestal, composta por 5 operarios, traballa no río Sil ao seu paso polo municipio leonés de Villablino.

As actuacións en curso consisten na execución de rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clareo de ramas baixas e curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns en infraestruturas de paso, ademais de tratamento selvícola e vexetación de ribeira. Por outra banda, está a procederse á eliminación de casetas ou galpóns de chapa abandonados e arruinados en zona de dominio público hidráulico.

A lonxitude do tramo de actuación comprende máis de 350 metros, en zona rural; e o investimento estimado das obras é de 12.000 €.

210421 Foto 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.