• imprimir

A CHMS investiu na Limia máis de 480.000 euros en limpeza e conservación de leitos durante o período 2019-2020

La CHMS invirtió en A Limia más de 480.000 euros en limpieza y conservación de cauces durante en el período 2019-2020
  • Actuouse en máis de 60 km de leitos dos concellos de Sarreaus, Sandiás, Xinzo de Limia, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Trasmiras, Porqueira e Bande
  • A CHMS continúa traballando na comarca; o pasado 18 de xaneiro comezou unha actuación no Arroio Grande ao seu paso por Ganade (Xinzo de Limia)

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, investiu na comarca da Limia máis de 480.000 euros en limpeza e conservación de leitos durante o período 2019-2020.

Traballouse en máis de 60 km de leitos dos concellos de Sarreaus, Sandiás, Xinzo de Limia, Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Trasmiras, Porqueira e Bande. Coas actuacións executadas mellórase o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

En canto ás técnicas empregadas na execución, prestouse máximo respecto á contorna, sendo fundamental a súa integración co funcionamento ecolóxico do río e coa paisaxe fluvial. Por outra banda e neste mesmo sentido, nos traballos de estabilización de marxes aplicáronse técnicas de bioinxeniería, empregando biorrolos e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais, plantación de frondosas ou sementa de gramíneas e leguminosas, especies que enraízan con facilidade e facilitan a estabilización.

Os traballos realizados enmárcanse nos contratos que o organismo de conca programa cada ano para levar a cabo o acondicionamento, conservación, restauración hidrolóxico-forestal e mellora da conectividade dos leitos da demarcación do Miño-Sil.

Desde o pasado 18 de xaneiro trabállase na limpeza do arroio Grande, ao seu paso por Ganade (Xinzo de Limia); realízase a roza selectiva da vexetación existente en ambas as marxes, eliminando o exceso de matogueira e a vexetación acumulada; tamén se procede á retirada dos restos de madeira e ramas presentes no leito do río. Esta actuación está incluída no novo contrato de conservación de leitos para o ano 2021.

08022021 arroyo grande

08022021 arroyo grande 2

08022021 arroyo grande 3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.