• imprimir

A CHMS finaliza os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da zona afectada polo incendio de O Xurés (Lobios-Ourense) nas que o Estado investiu máis de 142.000 euros

La CHMS finaliza los trabajos de restauración hidrológico-forestal de la zona afectada por el incendio de O Xurés (Lobios- Ourense) en las que el Estado ha invertido más de 142.000 euros
  • Construíronse máis de 1000 tramos de retencións naturais, o que equivale a 8 km lineais
  • Foron executados, ademais, rozas e resalveos en 3,8 km dos leitos próximos, ríos Caldo, Lobios e afluentes
  • As técnicas utilizadas consistiron na construción de pequenos muros de retención de pedra ou madeira (albarradas) e feixes de troncos e ramas

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da Serra do Xurés, zona devastada polo incendio que afectou a máis de 2.000 hectáreas do municipio ourensán de Lobios. Actuacións na que o Estado investiu máis de 142.000 €.

Actuacións

Construíronse máis de 1000 tramos de retencións naturais, o que equivale a 8 km lineais; as técnicas utilizadas consistiron na construción de pequenos muros de retención (albarradas) con madeira queimada e/ou pedras en gabias e torrenteiras; e feixes de troncos e ramas, suxeitas con rolos de madeira queimada, cos que se consegue frear o transporte de sedimentos, estabilízase o leito e as marxes, e diminúese a enerxía potencial da auga e, por tanto, o súa poder erosivo.

Ambas as actuacións executáronse dentro do perímetro do incendio, con especial incidencia en zonas de cabeceira de leitos e en zonas de maior afección. Ademais, realizáronse rozas e resalveos en 3,8 km dos leitos próximos, nos ríos Caldo, Lobios e afluentes.

Estes traballos foron executados por tres brigadas forestais en colaboración coas Xuntas dos Montes Veciñais en Man Común de Serra de Lobios e Nichos e Serra do Xurés.

“Estamos satisfeitos co resultado dos traballos e cos prazos de execución; cabe lembrar que se actuou con moita présa para evitar os efectos das primeiras choivas xa que as fortes pendentes do terreo e a redución drástica da cuberta vexetal, podería provocar un importante fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos, coa consecuente degradación dos ecosistemas fluviais, ademais de problemas por arrastres e tapóns en infraestruturas e poboacións augas abaixo da zona queimada”, concluíu Quiroga.

18122020 RIO LOBIOS

18122020 XURES 1

18122020 XURES 2

18122020 XURES 3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.