
A Confederación do Miño-Sil reconstrúe o Ponton de Ou Briñal sobre o río Arnoia en Allariz (Ourense)
- Detalles
- Martes, 28 Xullo 2020

• A execución comezou a semana pasada, unha vez solicitado o permiso da DX Patrimonio e cando o nivel das augas permitiu traballar con seguridade
• Segundo o artigo 126.bis do RDPH é obrigación do titular da ponte, neste caso o Concello, eliminar os obstáculos ou tapóns que xere a propia infraestrutura e que poidan poñer o perigo a súa estabilidade
• O investimento total das obras ascende a 26.929 €, sufragadas na súa totalidade pola CHMS
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, executa as obras de reconstrución da Pontella de Ou Briñal sobre o río Arnoia en Allariz.
É importante lembrar que a CHMS colabora cos gobernos municipais cando así o solicitan e sempre que non dispoñan de medios propios, aínda que, segundo o artigo 126.bis do RDPH é obrigación do titular da ponte eliminar os obstáculos ou tapóns que xere a propia infraestrutura e que poidan poñer o perigo a súa estabilidade, como é o caso.
En aras desa colaboración e unha vez solicitado o permiso da DX Patrimonio, requisito necesario para a súa execución, as obras comezaron a semana pasada, en canto o nivel das augas permitiu traballar con seguridade dentro do leito.
O investimento necesario será sufragado pola CHMS e ascende a 26.929€; unha vez finalizadas as actuacións, será o Concello o encargado do seu mantemento e conservación, tal e como lle corresponde.