• imprimir

O presidente da Confederación do Miño-Sil e o alcalde de Celanova (Ourense) concretan as obras do paseo de “A Corga de Sampil” ao seu paso polo centro da vila

El presidente de la Confederación del Miño-Sil y el alcalde de Celanova (Ourense) concretan las obras del paseo de “A Corga de Sampil” a su paso por el centro de la villa
  • A CHMS elaborará o proxecto técnico do paseo, duns 800 m, que unirá Areal e Mourillóns
  • Ademais, rehabilitásense os espazos etnográficos que se atopan na zona
  • Neste momento, a CHMS realiza labores de limpeza e restauración do arroio, traballos que finalizarán durante a segunda quincena de xullo

José Antonio Quiroga, presidente de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Antonio Puga, alcalde de Celanova, mantiveron unha reunión de traballo para concretar as actuacións para acometer en “A Corga de Sampil”.

Durante o encontro, no que estiveron acompañados por membros do grupo de goberno da vila, concretaron a execución dun paseo de 800 metros que unirá o Areal, na contorna das piscinas municipais, e Mourillons.

“En concreto, trátase de habilitar un roteiro de paseo á beira do rio Sampil como zona de expansión de Celanova, para realzar os valores ambientais do lugar. Ademais, rehabilitásense os espazos etnográficos que se atopan na zona do paseo” concretou Quiroga.

A Confederación iniciará nestes días a redacción do proxecto técnico do roteiro, como paso previo á firma do correspondente convenio de colaboración entre a administración local e a CHMS.

030720 Celanova 1

030720 Celanova

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.