• imprimir

A CHMS entrega á Garda Civil o material de protección dispoñible no seu laboratorio de Ourense

La CHMS entrega a la Guardia Civil el material de protección disponible en su laboratorio de Ourense
  • 2600 luvas e 84 máscaras de proteccion FFP3
  • “É unha pequena achega de material de uso pola gardería fluvial, na toma de mostras, e polo persoal de laboratorio, na análise das mesmas” explicou o presidente
  • “É necesario que todos sexamos conscientes de que só unidos e acatando as normas acabaremos co #covid19. Hoxe e sempre a colaboración Institucional é a clave para conseguir un obxectivo común en beneficio de todos” concluíu Quiroga

A CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, formalizou esta mañá a entrega de material de protección en stock á Comandancia da Garda Civil de Ourense. O lote entregado consta de 2600 luvas e 84 máscaras de proteccion FFP3.

“É unha pequena achega de material de uso pola gardería fluvial, na toma de mostras, e polo persoal de laboratorio, na análise das mesmas” explicou o presidente.

Jose Antonio Quiroga, presidente de Organismo de conca, púxose, desde o inicio do Estado de Alarma, ao dispor do Subdelegado do Goberno en Ourense para calquera cuestión na que puidese colaborar ou axudar.

“É necesario que todos sexamos conscientes de que só unidos e acatando as normas acabaremos co #covid19. Hoxe e sempre a colaboración Institucional é a clave para conseguir un obxectivo común en beneficio de todos” concluíu Quiroga.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.