• imprimir

A CHMS finaliza as obras de reparación da marxe dereita do arroio Malloadas (Monforte de Lemos-Lugo), afectada polos temporais do último trimestre de 2019

La CHMS finaliza las obras de reparación de la margen derecha del arroyo Malloadas (Monforte de Lemos-Lugo), afectada por los temporales del último trimestre de 2019
  • A acción erosiva do elevado caudal provocou o esborralle dunha parte da marxe dereita, á altura da Ponte de Os Picos
  • Esta actuación, executada entre o 9 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2020, supuxo un investimento próximo aos 57.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as obras de reparación da obra de defensa afectada polas crecidas na marxe dereita do Arroio Malloadas ao seu paso polo centro urbano de Monforte de Lemos (Lugo), declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros celebrado o 28 de xaneiro de 2020.

Actuación

Executouse un dique de perpiaño de 27 ml de lonxitude e 2,20 m de altura media, repoñéndose o peitoril anteriormente existente e as instalacións de iluminación pública. Igualmente procedeuse a estender unha capa de aglomerado asfáltico de similares características á que existía anteriormente.

Os traballos completáronse cunha mellora da drenaxe das augas pluviais que discorren pola rúa co fin de asegurar a estabilidade da nova estrutura e evitar novos derrubes.

Estas obras de emerxencia, que deron comezo o pasado 9 de xaneiro, supuxeron un investimento de 56.976,42 €.

19022020 FOTO1

19022020 FOTO2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.