
O presidente da Confederación do Miño-Sil reúnese coa nova alcaldesa de Petín
- Detalles
- Martes, 09 Xullo 2019

- Raquel Bautista puxo sobre a mesa varios temas fundamentais para mellorar a calidade de vida dos seus veciños, entre os que destacan a construción dunha pasarela e un paseo na zona do encoro de San Martín
- Quiroga comprometeuse a estudar senllos temas cos técnicos do organismo e dar unha resposta en breve
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, recibiu esta mañá á nova alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista.
No encontro a alcaldesa solicitou a colaboración do organismo de conca en dous temas moi importantes para o desenvolvemento da zona e que mellorarían a calidade de vida dos veciños. Por unha banda, a construción dunha pasarela no encoro de San Martín que uniría as localidades de Petín e A Rúa e, por outra banda, a proxección dun paseo pola marxe dereita do encoro de San Marín.
Quiroga comprometeuse a estudar a viabilidade de ambas as solicitudes cos técnicos da CHMS para dar resposta, o máis axiña posible, a esta demanda antiga dos veciños da localidade de Petín.