• imprimir

A Confederación do Miño-Sil continúa os traballos de mellora de leito e marxes dos ríos de Ourense

La Confederación del Miño-Sil continúa los trabajos de mejora de cauce y márgenes de los ríos de Ourense
  • Durante esta semana estase traballando no río Arnoia, concellos de Arnoia e Cartelle, no regato da Piñeira en Castro Caldelas, rego de Albán en Coles e no río Miño ao seu paso por Ourense
  • Estas actuacións están incluídas no contrato de conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) nas que o Organismo de conca inviste máis de 765.900 €

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, continúa os traballos de limpeza de ríos na provincia de Ourense. Estas actuacións están incluídas no contrato de conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) nas que o Organismo de conca inviste máis de 765.900 €.

Nesta semana estase traballando no río Arnoia, concellos de Arnoia e Cartelle, no regato da Piñeira en Castro Caldelas, rego de Albán en Coles e no río Miño ao seu paso por Ourense.

Da inspección previa ás zonas de actuación detectouse abundante vexetación arbórea e arbustiva e un importante número de árbores con risco de caída sobre os leitos.

Para solucionar esta problemática xeral, está a traballarse na roza selectiva de matogueira perimetral, poda e clareo de ramas baixas e curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns en infraestruturas de paso. Estes traballos son executados por 2 brigadas compostas por catro operarios especializados cada unha.

Actuacións no río Miño (TM Ourense)

O tramo de actuación está situado no paseo fluvial do Miño, entre a ponte do Milenio e o viaduto que cruza o río, e ten por obxecto a poda das ramas que crecen cara á estrada N-120, a retirada de árbores secas, con risco de caída ao paseo peonil, a eliminación de especies invasoras e a retirada na zona de Dominio Público Hidráulico (DPH) dos residuos sólidos urbanos.

Estas actuacións están situadas nas proximidades de elementos con afección a Patrimonio histórico e cultural -Camiño de Santiago e Ponte Romano- polo que os traballos están a ser moi restritivos e limítanse á retirada de pés mortos atendendo á Instrución do 8 de novembro de 2017 relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortiguación.

Os restos vexetais son retirados da zona e transpórtanse ao xestor autorizado; no caso dos alisos, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

“O prazo de execución esténdese ata o segundo semestre de 2020, aínda que se está valorando un reforzo para a execución de actuacións de mellora da capacidade de desaugadoiro dos ríos co ánimo de evitar, en momentos de intenso caudal, inundacións e avenidas que puidesen afectar as persoas e os seus bens” matizou José Quiroga, presidente da CHMS.

20-06-19 limpieza rios ou 3

20-06-19 limpieza rios ou 1

20-06-19 limpieza rios ou 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.