• imprimir

Abril de 2019, un mes moi húmido e de récords

Abril de 2019, un mes muy húmedo y de récords
  • Foi o segundo abril máis húmido no que levamos de século XXI, tan só por detrás de 2008, e o cuarto máis húmido desde 1965
  • Batéronse ata 9 récords locais vinculados a precipitación, tanto mensual como máxima diaria
  • Tratouse do sexto abril máis frío desde comezo do século XXI

Os rexistros da Axencia Estatal de Meteoroloxía, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, confirman que o pasado mes foi o segundo abril máis húmido no que levamos de século XXI, tan só por detrás de 2008, e o cuarto máis húmido desde 1965. Batéronse, ademais, ata 9 récords locais vinculados a precipitación, tanto mensual como máxima diaria. Ademais, a pesar de ser un mes de contrastes térmicos espaciais e temporais, estes, ao contrarrestarse entre si, deron paso a un abril con datos na media.

UN MES MOI HÚMIDO

Abril foi, en conxunto, un mes moi húmido cunha precipitación media en España de 96 mm, case a metade máis do que cae habitualmente. En concreto, rexistrouse un 48% máis do dato medio que é de 65 mm en relación ao período de referencia 1981-2010. Este abril resultou ser o segundo mes máis húmido no que levamos de século XXI, tan só por detrás de 2008, e o cuarto máis húmido desde 1965.

Analizando a porcentaxe de precipitación acumulada o pasado abril respecto ao valor normal, as choivas foron superiores aos valores de referencia en gran parte do territorio peninsular e en Canarias occidental; en concreto, o exceso de choiva supuxo algo máis do triplo do normal nunha área que abarca a metade sur da Comunidade Valenciana e gran parte de Murcia, e das provincias de Albacete e Granada e o dobre do habitual no sueste de Galicia, este de Castela-A Mancha, este de Madrid, sur de Aragón, provincia de Soria e leste de Estremadura e Andalucía oriental.

Pola contra, na desembocadura do Ebro, en zonas de Mallorca e Menorca, e de Canarias oriental, non choveu nin a metade do que adoita caer normalmente.

19-05-09 mapa aemet

Porcentaxe de precipitación acumulada en abril de 2019 en relación ao período normal (1981-2010)

As maiores precipitacións diarias de abril, rexistráronse o día 19 con 99 mm en Alacante-Elche/aeroporto, 78 mm en Alcantarilla/Base aérea, 64 mm en Albacete/Base aérea, e 47 mm en Alacante e o día 18 en Teruel con 54 mm e en Valencia/aeroporto con 49 mm. Todos eles supoñen valores máximos das súas correspondentes series e, por tanto, novos récords.

Se seguimos analizando récords batidos, a precipitación mensual máis alta rexistrada nun abril desde que hai datos lévanos, de novo, ata Albacete/Base aérea con 139 mm acumulados, Alacante-Elche/aeroporto con 186 mm e Murcia con 123 mm.

19-05-09 cuadro Aemet

UN MES NA MEDIA A PESAR DOS CONTRASTES TÉRMICOS

O mes de abril foi no seu conxunto normal, cunha temperatura media en España xustamente coincidente coa media do mes, de 13,0º C para o período de referencia. Desta forma, abril de 2019 convértese no sexto abril máis frío desde comezo do século XXI.

Foi un mes de contrastes térmicos espaciais e temporais que, ao contrarrestarse entre si, deron paso a un mes con valores na media. Así, abril tivo un carácter frío na maior parte do centro e sur da España peninsular e Canarias, moi frío no leste de Castela-A Mancha e nordés de Andalucía, cálido nalgunhas rexións do terzo norte da península, e normal no resto. Tamén se caracterizou pola alternancia de sucesivos episodios fríos e cálidos, observándose unha notable oscilación das temperaturas ao longo do mes.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.