
O CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas participa nas actividades do proxecto “Gústame o meu Río”, organizadas pola Confederación do Miño-Sil no río Tea
- Detalles
- Xoves, 21 Marzo 2019

- Os máis pequenos aprenderon como facer un uso responsable da auga e de como evitar algúns xestos diarios que inciden negativamente sobre o medio ambiente
- Esta mañá o presidente do Organismo de conca, José Antonio Quiroga acompañou aos escolares na súa visita ao río e comprobou a implicación e colaboración dos nenos e nenas nas diferentes “Mesas da auga”
- Estas actividades realízanse durante o curso 2018-2019 con máis de 500 escolares de distintos puntos da demarcación hidrográfica que comprende máis de 17.000km2 de superficie e que abarca as provincias de León, Lugo, Ourense e Pontevedra
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. ( CHMS) realiza actividades de educación ambiental en distintos colexios da demarcación nas provincias do Ourense, Lugo, Pontevedra e León, enmarcadas dentro dos proxectos “Gústame o meu río”, da curtametraxe “A Saramaganta” (A Píntega)” e da exposición itinerante “Os Ríos dás dez mil Terras”.
O obxectivo destas actividades é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea a través de actividades que promovan o contacto coa contorna natural e fomenten actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social.
Desde a CHMS considérase necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos, valorando a auga como factor crave no sustento dos ecosistemas naturais.
Esta mañá o presidente do Organismo de conca, José Antonio Quiroga acompañou aos escolares do CEIP Fermín Bouza Brey na súa visita ao río Tea en Ponteareas e comprobou a implicación e colaboración dos nenos e nenas nas diferentes “Mesas da auga”.
Nesta visita, o presidente foi participe das inquietudes dos máis pequenos e das súas explicacións do aprendido na actividade, cales son os indicadores que nos mostran a calidade da auga, como se analizan os índices físicos (temperatura, sólidos filtrables, sólidos en suspensión…), os químicos (dureza, materia orgánica, nutrientes, entre outros), ademais dos biolóxicos, e o resumo do aprendido cunha frase singular e clara “se no río hai vida a calidade da auga é boa”.
Estas actividades realízanse durante o curso 2018-2019 con máis de 500 escolares de distintos puntos da demarcación hidrográfica que comprende máis de 17.000km2 de superficie e que abarca as provincias de León, Lugo, Ourense e Pontevedra.