• imprimir

A CHMS obtén o informe favorable do Comité de Autoridades Competentes aos traballos da avaliación preliminar de risco de inundacións na demarcación do Miño-Sil

La CHMS obtiene el informe favorable del Comité de Autoridades Competentes a los trabajos de la evaluación preliminar de riesgo de inundaciones en la demarcación del Miño-Sil
  • Trátase de enriquecer e mellorar a información do primeiro ciclo para minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural
  • Os tramos seleccionados como Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación ( ARPSIs) de 2º ciclo, inclúen 597,4 km de ríos, repartidos en 26 Agrupacións

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica – MITECO-, convocou aos representantes do Comité de Autoridades Competentes – CAC-, órgano colexiado da Demarcación, para expoñerlles os traballos da “Avaliación Preliminar de risco de Inundación – EPRI-, segundo ciclo”, unha vez incorporadas as propostas, observacións e suxestións recibidas durante o período de consulta pública, obtendo o informe favorable á versión final dos mesmos.

Este novo traballo corresponde á revisión e actualización dos traballos xerados durante o primeiro ciclo, anos 2011-2017. Neste segundo ciclo concretouse a identificación e preselección dunhas Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación ( ARPSIs), mediante a obtención de toda a información influente que se xerou, tanto desde o Organismo de conca como a través de consultas ás distintas administracións competentes, incluíndo os datos obtidos despois de novos episodios de inundación que provocaron danos en bens neste novo período, así como a información dos efectos do cambio climático.

A proposta final da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para os tramos seleccionados como Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación ( ARPSIs) de 2º ciclo consta de 597,4 km de ríos, repartidos en 26 Agrupacións.

As diferenzas en canto ás ARPSIs do primeiro ciclo de estudo pódense resumir nas táboas anexas:

22-02-2019 cuadro

22022019 RESULTADOS EPRI 2

Unha vez obtido o informe favorable do CAC, os traballos da avaliación preliminar do risco de inundación serán remitidos ao MITECO, para que, previo á súa aprobación, obteña informe favorable da Comisión Nacional de Protección Civil.

“A inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo provocaron a perda de vidas humanas e ocasionou custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estruturais senón tamén doutras non estruturais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrolóxico - forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio” matizou José Antonio Quiroga, presidente do Organismo de conca.

“A terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación consiste na elaboración e redacción do Plan de Xestión do Risco de Inundación, que ha de integrarse na propia planificación hidrolóxica da conca do Miño-Sil. É importante destacar, ademais, que estes procedementos e planificación teñen carácter cíclico, de forma que han de revisarse os resultados e documentos cada seis anos. Por iso, na actualidade atópase tamén en fase de consulta Pública os documentos Iniciais do Plan Hidrolóxico da Demarcación do Miño-Sil e de todas as Demarcacións do Estado”, concluíu Quiroga

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.