• imprimir

O presidente da Confederación Miño Sil reúne aos socios no proxecto europeo “Raia Termal” para valorar as actuacións programadas

El presidente de la Confederación Miño Sil reúne a los socios en el proyecto europeo “Raia Termal” para valorar las actuaciones programadas
  • Detallouse o estado dos distintos proxectos, como a construción dun azud desmontable e unha ciclovía en Lobios, varios carreiros en Muiños e as piscinas termais en Cortegada, na parte española
  • Na parte portuguesa, a recuperación da ribeira do río Gerès en Terras de Bouro e a rehabilitación do parque urbano envolvente nas Termas de Melgaço
  • A JD decide avanzar na organización dun evento internacional sobre termalismo programado para o terceiro trimestre de 2019 en Ourense

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, presidiu a reunión da Xunta Directiva – JD- do proxecto Poctep “Raia Termal”, órgano de decisión encargado de velar pola correcta execución do proxecto e de interlocución co Secretariado Técnico Conxunto Interreg España-Portugal, responsable da xestión e seguimento do Programa Operativo Europeo.

A este encontro, celebrado en Ourense, asistiron a deputada de Termalismo da Deputación Provincial, en representación do presidente, e varios representantes das Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro, ademais dos membros da Unidade de Xestión e Coordinación do proxecto os cales deron conta dos avances nas distintas accións a este órgano de decisión.

O director do proxecto informou do estado das obras máis importantes como son a construción dun azud desmontable no río Caldo e unha ciclovía desde a área recreativa termal ata o roteiro termal Dá Devesa en Lobios, proxectos que se atopan en redacción; varios carreiros fluviais en Muiños para os que se está tramitando un Convenio de colaboración que posibilite a súa execución e posterior entrega ao Concello; no Concello de Bande está a tramitarse a construción dunha zona de autocaravanas próxima á área termal existente, proxecto que ha de sufrir modificacións para posibilitar a súa autorización.

No país veciño, en canto ao proxecto de recuperación, mellora e acondicionamento do río Gerès ao seu paso por Terras de Bouro atópase en execución; e en Melgaço, a rehabilitación da zona de estacionamento nas Termas está finalizada e o proxecto técnico de rehabilitación do parque urbano envolvente das Termas do Peso atópase en estudo.

A Xunta Directiva deu luz verde á presentación dunha solicitude de modificación substancial do Proxecto Raia Termal dirixida, fundamentalmente, a pasar un 30% da anualidade de 2018 a 2019, o máximo permitido pola normativa o que posibilitará a execución das actuacións en prazo, tendo en conta que a presentación do proxecto realizouse en decembro de 1015 e foi notificada a súa aprobación en maio de 2017, o que produciu un notable atraso na execución.

En canto aos investimentos de carácter inmaterial, a Xunta Directiva deu o visto e prace ás xestións previas para a celebración, en Ourense, dun evento de carácter internacional sobre termalismo durante o terceiro trimestre de 2019, á presenza de “Raia Termal” nas feiras de INTUR-2019, BTL-2019 e FITUR-2019, e ao de varias liñas de publicidade do territorio “Raia Termal” a través do termalismo de fronteira para posicionalo como destino turístico.

181212 RAIA TERMAL 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.