• imprimir

A CHMS realiza unha xornada técnica sobre a delimitación das zonas inundables na demarcación do Miño-Sil

La CHMS realiza una jornada técnica sobre la delimitación de las zonas inundables en la demarcación del Miño-Sil
  • O obxectivo destes traballos é enriquecer e mellorar a información do primeiro ciclo para minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural
  • A terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación consiste na elaboración e redacción do Plan de Xestión que se integrará na planificación hidrolóxica da conca do Miño-Sil
  • A documentación continuará en exposición pública ata o próximo 18 de decembro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, realizou unha Xornada técnica sobre a delimitación das zonas inundables na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Esta xornada estivo presidida polo presidente do Organismo de conca, José Antonio Quiroga e contou coa asistencia dos responsables das áreas de medio ambiente, infraestruturas e ordenación do territorio dos concellos da demarcación, persoal de deputacións provinciais e das administracións autonómicas de Galicia e de Castela e León, así como de persoal propio da CHMS.

O obxectivo desta Xornada é dar a coñecer os traballos de revisión e actualización do primeiro ciclo da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) co interese de mellorar o coñecemento da conca, mediante a obtención de toda a información influente que se xerou, tanto desde o Organismo de conca como a través de consultas ás distintas administracións competentes, e incluíndo, ademais, os datos obtidos despois de novos episodios de inundación que provocaron danos en bens neste novo período, así como a información dos efectos do cambio climático.

A proposta final da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para os tramos seleccionados como Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación ( ARPSIs) de 2º ciclo consta de 586,58 km de ríos, repartidos en 26 Agrupacións.

As diferenzas en canto ás ARPSI, s do primeiro ciclo de estudo pódense resumir cos datos que a continuación se relacionan e na táboa anexa:

  • 464,53 km corresponden a ARPSIs que se manteñen iguais que no primeiro ciclo.
  • 51,03 km corresponden a ARPSIs que se ampliaron respecto ao primeiro ciclo, supoñendo a ampliación un total de 26,02 km con respecto ao valor inicial.
  • 71,02 km corresponden a ARPSIs que se propuxeron novas o 2º ciclo
  • 0,42 km de ARPSIs do primeiro ciclo elimináronse.

271118  cuadro

Para calquera consulta adicional a documentación atópase en exposición pública, desde o pasado mes de setembro na web: https://www.chminosil.es/es/component/content/article/80-chms/1760-informacion-publica-de-la-revision-y-actualizacion-de-la-evaluacion-preliminar-del-riesgo-de-inundacion-epri-2-ciclo20180918, e recibiranse as alegacións, comentarios e suxestións dos interesados, ata o 19 de decembro, sempre que se tramiten a través dos rexistros aos que se refire o art. 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo iso co obxectivo de enriquecer ou mellorar a documentación obxecto de exposición.

“As inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo provocaron a perda de vidas humanas e ocasionou custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estruturais senón tamén doutras non estruturais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrolóxico - forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio” matizou José Antonio Quiroga, presidente do Organismo de conca.

“A terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación consiste na elaboración e redacción do Plan de Xestión do Risco de Inundación, que ha de integrarse na propia planificación hidrolóxica da conca do Miño-Sil. É importante destacar, ademais, que estes procedementos e planificación teñen carácter cíclico, de forma que han de revisarse os resultados e documentos cada seis anos. Por iso, na actualidade atópanse en execución os traballos de revisión e actualización da avaliación preliminar do risco de inundación e tamén do Plan Hidrolóxico da Demarcación do Miño-Sil e de todas as Demarcacións do Estado”, concluíu Quiroga.

271118 jornadastecnicas 1271118 jornadas tecnicas

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.