• imprimir

Recoñecemento da Federación de AAVV Limiar (Ourense) á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Reconocimiento de la FEDERACION DE AAVV LIMIAR (OURENSE)  a la CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO-SIL

Baixo a premisa de Responsabilidade da Administración como Servizo Público, e a requirimento da Federación LIMIAR, a Confederación Miño-Sil realizou distintas charlas acerca da necesidade de usar A AUGA CON RESPONSABILIDADE e sobre os PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS PARA LEGALIZAR AS OBRAS OU ACTUACIÓNS DOS VECIÑOS cuxas propiedades son lindeiras cos ríos ou arroios.

Desde o organismo de conca considérase que esta é a forma máis sinxela de achegar a ADMINISTRACIÓN ao CIDADÁN e por este motivo o presidente do Organismo, José Antonio Quiroga, adquiriu o compromiso, nunha reunión celebrada hai uns días, de continuar con esta colaboración e no deseño e execución de novos proxectos de futuro.

Agradecemos á Federación Limiar este recoñecemento que nos honra como Organismo público de servizo por e para o cidadán.

22-11-18 Limiar 1

22-11-18 Limiar 3

22-11-18 Limiar22-11-18 Limiar 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.