• imprimir

A CHMS colabora coa Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova nas escavacións do campamento romano situado no encoro de As Conchas

La CHMS colabora con la Fundación Aquae Querquennae- Vía Nova en las excavaciones del campamento romano ubicado en el embalse de As Conchas
  • Outórgase unha subvención nominativa de 40.000 euros para a campaña 2018
  • A conservación e mellora do DPH é o labor fundamental dos Organismos de conca e desde a CHMS estamos en boa disposición para colaborar, dentro das nosas competencias, en calquera proxecto que contribúa a mellorar os leitos e as súas zonas adxacentes

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), José Antonio Quiroga Díaz, e o presidente do Padroado da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, Luís Fernando Quiroga Piñeyro, asinaron un Convenio de colaboración mediante o que se instrumenta a entrega dunha subvención de 40.000 € para contribuír ás escavacións no complexo arqueolóxico Aquis Querquennis situado en Porto Quintela, Bande, na campaña 2018.

O presente convenio ten como obxecto regular o outorgamento desta subvención nominativa para a campaña de escavación do ano 2018 coa execución dun proxecto, aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, a través do que se procederá á consolidación e recrecimiento de 2.500 metros cadrados.

A citada Fundación, creada no ano 2000, foi declarada de interese cultural por Orde do 2 de xuño de 2000, e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego e ten como obxecto protexer, estudar e promocionar o complexo arqueolóxico que lle dá nome, un antigo campamento militar romano que, a día de hoxe, ocupa parte do leito do encoro de As Conchas, zona de dominio público hidráulico, así como a calzada romana coñecida como Vía Nova, que unía as cidades de Braga, en Portugal, con Astorga, en León.

Aínda que xa se realizaron diversos traballos no complexo desde os anos 70, é a partir do ano 2000 cando se produce unha auténtica revolución arqueolóxico-cultural en torno ao epicentro de Aquis Querquennis, coa revalorización, consolidación e recrecido deste amplo complexo de ruínas.

Desde a CHMS considérase de gran importancia o colaborar nestas escavacións atendendo á localización do campamento romano na zona de recrecimiento de encoro de As Conchas, Dominio Público Hidráulico ( DPH), e por tanto, competencia deste Organismo de conca o que nos obriga a velar pola conservación e o bo estado das augas, a través de proxectos que melloren a súa calidade, minguada pola influencia da actividade agrogandeira da Limia, e tamén pola súa contorna e os seus elementos paisaxísticos e culturais que redundan na economía da zona.

“A conservación e mellora do DPH é o labor fundamental dos Organismos de conca e desde a CHMS estamos en boa disposición para colaborar, dentro das nosas competencias, en calquera proxecto que contribúa a mellorar os leitos e as súas zonas adxacentes. É importante destacar, ademais, que somos moi sensibles á problemática de contaminación do encoro de As Conchas e estamos a traballar para conseguir, a medio prazo, mellorar o estado químico e ecolóxico das súas augas e do ecosistema que o sustenta”, matizou o presidente.

07112018-2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.