• imprimir

Hugo Morán, novo secretario de Estado de Medio Ambiente

Hugo Morán, nuevo secretario de Estado de Medio Ambiente
  • Cunha dilatada traxectoria institucional no ámbito local e posteriormente como deputado do Congreso, Morán está estreitamente vinculado co desenvolvemento rural, a xestión ambiental e o compromiso pola acción climática.
  • Na actualidade, compatibiliza á súa actividade profesional na empresa privada coas tarefas de colaboración orgánica á fronte da Secretaría Federal para a Transición Ecolóxica da Economía do PSOE.

O Consello de Ministros nomeou a Hugo Alfonso Morán Fernández ( Lena, Asturias, 1963) como secretario de Medio Ambiente. 

Morán iniciou a súa traxectoria pública como concelleiro do Concello de Lena, onde foi alcalde entre 1995 e 2007. Estreitamente vinculado ao desenvolvemento rural, participou como membro no Consorcio para a Xestión dos Residuos Sólidos de Asturias COGERSA (1987-2007) e na Comisión Permanente da Asociación de Comarcas Mineiras ACOM España (1995-2007), e presidiu o Consorcio para o Desenvolvemento da Montaña Central de Asturias (1998-2001).

Foi membro do Consello de Administración da Xunta de Saneamento do Principado de Asturias (2001-2007) e presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural da Montaña Central de Asturias (1998-2007).

Presidiu a Federación Asturiana de Concellos (2001-2007) e pertenceu ao Consello Económico e Social do Principado de Asturias (2001-2007). Foi director da Oficina de Relacións do Goberno na Xunta Xeral do Principado (2007-2008).

Na IX Lexislatura, foi elixido deputado por Asturias en Cortes Xerais, onde exerceu como portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista.

Foi secretario federal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural CEF-PSOE (37º Congreso) e secretario federal de Ordenación do Territorio e Sustentabilidade CEF-PSOE (38º Congreso).

Comprometido no ámbito da xestión ambiental e con responsabilidades institucionais e executivas asumidas tanto no ámbito local –entre 1995 e 2007- como en ámbito lexislativo estatal, entre 2008 e 2011, Morán mantén un compromiso persoal coa acción climática. É patrón da Fundación Renovables e colaborador en tarefas de difusión dos seus obxectivos e na consecución de alianzas sociais por unha transición enerxética xusta e cara a un modelo produtivo de país libre de emisións.

Dedicado nos últimos anos á actividade profesional na empresa privada compatibiliza, desde o 39º Congreso do PSOE celebrado en 2017, a súa vida laboral coas tarefas de colaboración política orgánica á fronte da Secretaría Federal para a Transición Ecolóxica da Economía.

Como secretario de Estado de Medio Ambiente, achegará a súa formación, a súa experiencia e o seu compromiso á consecución dos obxectivos prioritarios do Ministerio de Transición Ecolóxica. Entre outros,

  • Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética.
  • Transición xusta (cara a un modelo de desenvolvemento baixo en carbono) coas persoas e os territorios.
  • Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima
  • Recuperación do peso que merece a biodiversidade.
  • Estratexia estatal de economía circular.
  • Impulso á protección de zonas de alto valor natural, especialmente no ámbito mariño.
  • Aplicación da Directiva Marco da auga.
  • Loita contra a contaminación atmosférica.
  • Mellorar a calidade do aire

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.