• imprimir

O presidente da Confederación Miño Sil reúne á Xunta Directiva do proxecto “Raia Termal” para valorar as accións desenvolvidas e avanzar nos proxectos do próximo trimestre

El presidente de la Confederación Miño Sil reúne a la Junta Directiva del proyecto “Raia Termal” para  valorar las acciones desarrolladas y avanzar en los proyectos del próximo trimestre
  • A JD deu o visto e prace á celebración en Ourense dun evento de carácter internacional sobre termalismo, a finais deste ano
  • A zona de actuación comprende os espazos transfronteirizos termais das concas dos ríos Miño e Limia

Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, presidiu a reunión da Xunta Directiva – JD- do proxecto Poctep “Raia Termal”, órgano de decisión encargado de velar pola correcta execución do proxecto e de interlocución co Secretariado Técnico Conxunto Interreg España-Portugal, responsable da xestión e seguimento do Programa Operativo Europeo.

A este encontro, celebrado no Centro de Interpretación Aquae Querquennae - Via Nova en Porto Quintela - Bande (Ourense), asistiron como membros da Xunta Directiva, a deputada de Termalismo da Deputación Provincial, en representación do presidente, e os presidentes das Cámaras Municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro, e como convidados, os alcaldes de Bande, Cortegada, Lobios e Muiños.

A Xunta Directiva estivo asistida pola Unidade de Xestión e Coordinación – UGC- encargada da dirección do proxecto e da coordinación das distintas accións que deu conta dos avances do proxecto.

A UGC informou que desde o pasado 20 de xuño, data en que se asinou o acordo entre a Autoridade de Xestión e a CHMS para a execución do proxecto, os socios traballaron no desenvolvemento das accións contempladas, estando a maior parte das obras en fase de redacción de proxecto e mesmo algunhas xa executándose; con todo, quedan algunhas obras en estudo e a este respecto a Xunta Directiva ha decidido redobrar esforzos para poder executalas en prazo.

En canto aos investimentos de carácter inmaterial, a JD deu o visto e prace á celebración dun evento de carácter internacional sobre termalismo a finais de 2018 ou principios de 2019, á presenza de “Raia Termal” nas feiras de INTUR-2018, BTL-2019 e FITUR-2019, e ao estudo de varias liñas de publicidade do territorio “Raia Termal” a través do termalismo de fronteira para posicionalo como destino turístico.

Tamén se informou á JD da creación e posta en funcionamento da web do proxecto que se actualizará na medida dos avances do proxecto: http://raiatermal.eu/

“Estamos ante un proxecto complexo polo número de socios e polo marco temporal de execución, prevista para o 31 de decembro de 2019, pero estamos moi satisfeitos porque consideramos que a consecución dos fondos europeos é imprescindible para o desenvolvemento intelixente, sustentable e integrador das zonas máis desfavorecidas de Europa, neste sentido habemos de lembrar que o orzamento para o proxecto Raia Termal é de 2.659.767 mill/€, dos cales un 75% será cofinanciado por FEDER” lembrou Francisco Marín, presidente da CHMS.

“Dentro das moitas actividades que se contemplan en cada un dos eixos do proxecto, quero resaltar que estamos a impulsar do Termalismo de Fronteira, con estratexias consensuadas e actividades planificadas, e con actuacións puntuais que liquidarán problemáticas de augas residuais nas proximidades de contornas termais, ademais de actuacións de restauración, recuperación, mellora e acondicionamento das ribeiras dos ríos nas contornas termais” concluíu Francisco Marín.

raia termal-1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.