• imprimir

A Confederación do Miño-Sil reúnese cos representantes dos colexios profesionais continuando a rolda de encontros iniciados polo MAPAMA no marco do Pacto Nacional pola auga

  • O Pacto Nacional pola auga busca dar resposta aos principais retos da xestión da auga no noso país coa máxima participación, diálogo e consenso
  • Tercera reunión, a nivel de Demarcación Hidrográfica, das seis previstas para realizar durante este mes de outubro cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG)

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), Francisco Marín, reuniuse esta mañá cos Colexios Profesionais de Enxeñeiros Agrónomos, de Camiños Canles e Portos, e Industriais continuando coa rolda de encontros previstos na Demarcación Hidrográfica para avanzar cara a un Pacto Nacional pola auga. Tamén foron convocados os Colexios de Biólogos de Galicia, de Montes e de Minas, que desculparon asistencia.

Desta forma, continúa a rolda de contactos iniciados polo MAPAMA, o pasado mes de xullo, con todos os sectores co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso.

O Pacto Nacional pola auga debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrado dos recursos existentes. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da auga.

Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a atención de déficits hídricos, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos Plans Hidrolóxicos -saneamento e depuración e protección de espazos emblemáticos-, a posta en marcha dos Plans de Xestión de Riscos de Inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga -recuperación dos custos asociados aos servizos da auga e mellora da xestión e dos procedementos ordinarios-.

O encontro de hoxe é o terceiro, a nivel de Demarcación Hidrográfica, dos seis previstos a realizar durante este mes de outubro cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG).

17-10-06 PACTO NACIONAL POR EL AGUA COLEGIOS PROFESIONALES

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.