• imprimir

A Confederación do Miño-Sil reúnese coas empresas do sector hidroeléctrico continuando a rolda de encontros iniciados polo MAPAMA no marco do Pacto Nacional pola auga

La Confederación del Miño-Sil se reúne con las empresas del sector hidroeléctrico continuando la ronda de encuentros iniciados por el MAPAMA en el marco del Pacto Nacional por el Agua
  • O Pacto Nacional pola auga busca dar resposta aos principais retos da xestión da auga no noso país coa máxima participación, diálogo e consenso
  • Durante o próximo mes realizaranse as reunións sectoriais previstas para involucrar a todos os sectores e axentes implicados na xestión da auga no ámbito desta Demarcación do Miño-Sil

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), Francisco Marín, reuniuse esta mañá coas empresas do sector hidroeléctrico como inicio da rolda de encontros previstos na Demarcación Hidrográfica para avanzar cara a un Pacto Nacional pola auga.

Desta forma, continúa a rolda de contactos iniciados polo MAPAMA, o pasado mes de xullo, con todos os sectores co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso.

O Pacto Nacional pola auga debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrado dos recursos existentes. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da auga.

Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a atención de déficits, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos Plans Hidrolóxicos, a posta en marcha dos Plans de Xestión de Riscos de Inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga.

Con esta primeira reunión inícianse, a nivel de Demarcación Hidrográfica, os contactos e encontros cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG).

sector hidroelectrico 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.