• imprimir

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente investirá máis de 1 millón de euros na mellora do saneamento de Guitiriz (Lugo)

Darase servizo a 2970 habitantes/equivalentes dos núcleos de Belote, Guitiriz e A Torre
Este investimento será sufragada nun 55,88% polo Ministerio, a través da CHMS, o 24,51% pola Deputación de Lugo e o 19,61% restante polo Concello de Guitiriz

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), formalizou esta mañá o convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo e co Concello de Guitiriz para o financiamento e execución das obras do colector do río Veiga en Guitiriz (Lugo).

O acto de firma foi celebrado na Subdelegación do Goberno en Lugo, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e rubricado polo presidente de CHMS, Francisco Marín, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín. Tamén estivo presente o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, entre outras autoridades.

O obxecto do proxecto é a mellora do saneamento dos núcleos de Belote, Guitiriz e A Torre para dar servizo a 2970 habitantes/equivalentes.  

O proxecto

Unha parte do saneamento de Guitiriz concéntrase nun colector que discorre nalgúns tramos por dominio público hidráulico (DPH) do  río Veiga, recollendo as verteduras dos núcleos de Belote, Guitiriz e A Torre.

O alto grao de colmatación deste Colector diminuíu a súa capacidade hidráulica e obsérvanse desbordamentos das augas residuais polos pozos de rexistro en época de choivas que acaban no río, coa consecuente degradación ambiental da zona.

Por outra banda, o mal estado en que se atopa a condución fai que se produzan importantes filtracións cara á rede de saneamento incorporando as augas freáticas á Estación Depuradora.

Para corrixir estas deficiencias, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil executará un proxecto mediante o que se recollerán as augas residuais que van ao colector do río Veiga para impulsalas mediante dous bombeos e as súas respectivas conducións ata o colector xeral de Guitiriz.

 

16-06-08-Firma-convenio-saneamiento-Guitiriz-Lugo

Desde o colector xeral serán enviadas á Estación Depuradora en cuxas instalacións se executará un tanque de tormentas para regular o exceso de caudal que se incorpora aos colectores en época de choivas.

17-06-08-Firma-convenio-saneamiento-Guitiriz-Lugo2

Estas actuacións inclúen tamén a demolición e retirada do antigo colector do río Veiga e o acondicionamento ambiental da zona afectada.

 

17-06-08-Firma-convenio-saneamiento-Guitiriz-Lugo3

Investimento e prazo de execución

O investimento ascende a 1.020.000 euros, que serán financiados nun 55,88% polo Ministerio, a través da CHMS, o 24,51% pola Deputación de Lugo e o 19,61% restante polo Concello de Guitiriz. O prazo de execución estímase en 6 meses.

 

Descargar

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.