• imprimir

A Confederación do Miño-Sil e a Deputación Provincial investirán 100.000 euros na substitución dunha obra de paso sobre o río Gorgua en Padrenda-Ourense.

La Confederación del Miño-Sil y la Diputación Provincial invertirán 100.000 euros en la sustitución de una obra de paso sobre el río Gorgua en  Padrenda-Ourense
  • Esta actuación mellorará a permeabilidade lonxitudinal da canle, eliminando ao mesmo tempo o risco que comporta o uso do viario
  • Durante a execución das obras executarase un desvío provisional da canle mediante a construción de dúas ataguías de terra compactada entre as que se colocará unha canalización provisional

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), rubricou o Convenio para a realización dos traballos de substitución do actual paso sobre o río Gorgua no núcleo da Granxa, T.M. de Padrenda (Ourense). 

O acto de firma foi celebrado esta mañá na Deputación Provincial e rubricado polo presidente de CHMS, Francisco Marín, o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do municipio, Manuel Pérez.

O obxecto do proxecto é a substitución dunha obra de paso que mellore a permeabilidade lonxitudinal da canle, tanto hidráulica como á fauna presente, eliminando ao mesmo tempo o risco que comporta o uso do viario.

O proxecto

O paso existente está constituído por un encofrado circular de chapa metálica dun metro de diámetro, que presenta un estado de ruína parcial con importantes deformacións e roturas, tanto da obra de drenaxe como do camiño que soporta, cuxo uso implica un notable risco. Estes danos na obra de paso é consecuencia das crecidas do río nos últimos anos.

A obra de paso proxectada, de 6,00 m de luz libre, 4,00 m de gálibo e 10,00 m de lonxitude, teñen 30 veces máis sección que o tubo actual e foi dimensionada para un caudal de avenida de período de retorno de 500 anos.

Estruturalmente resólvese como un marco de formigón armado executado "in situ", composto por laxas, inferior e superior de 50 cm de canto, e uns hastiales de 40 cm de grosor.

O acabado exterior visible desde a canle, tanto augas arriba como augas abaixo das aletas dos emboquilles, será en dique para reducir o impacto visual na contorna.

Durante a execución das obras requírese efectuar un desvío provisional da canle mediante a construción de dúas ataguías de terra compactada entre as que se colocará unha canalización provisional formada por 2 tubos de 1,00 m de diámetro, reforzados nas súas frontes con formigón en masa. Estas obras demoleranse e retirarán totalmente ao finalizar a construción do novo paso.

O tramo de viario sobre a obra consolidarase mediante unha base de macadam de 15 cm de espesor e unha tripla rega asfáltico con emulsión bituminosa.

A actuación completarase co pintado das marcas viarias de bordo de calzada, e a instalación de barreiras de seguridade de chapa galvanizada dobre onda para protección viaria.

Unha vez finalizadas as obras restaurarase a contorna mediante unha nivelación dos terreos á súa rasante primitiva e un reextendido do chan vexetal retirado ao comezo dos traballos.

O prazo de execución das actuacións estímase en tres meses.

Financiamento

O investimento supera os 100.000 euros e será sufragada ao 50% polo Ministerio, a través da CHMS, e pola Deputación de Ourense, pola súa banda o Concello de Padrenda poñerá a disposición os terreos necesarios para levar a cabo as obras.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.