
A reserva hidráulica española atópase ao 48,8% da súa capacidade total
- Detalles
- Martes, 25 Outubro 2016

Actualmente a reserva hidráulica é de 27.318 hectómetros cúbicos
A reserva hidráulica española está ao 48,8% da súa capacidade total. Os encoros almacenan actualmente 27.318 hectómetros cúbicos (hm³) de auga, o que representa unha diminución do 0,7% da capacidade total dos encoros (418 hectómetros cúbicos) con respecto aos niveis da semana anterior.
Na actualidade as concas hidrográficas cuxas reservas superan amplamente as do ano pasado, neste mesmo período, son a conca do Tajo, con 469 hm3 máis, e a conca do Duero, con 53 hm3 por encima.
A reserva por ámbitos é a seguinte:
- Cantábrico Oriental atópase ao 63,0%
- Cantábrico Occidental ao 61,8%
- Miño-Sil ao 51,8 %,
- Galicia Costa ao 55,1%
- Cuencas internas do País Vasco ao 57,1%
- Duero ao 57,1%
- Tajo ao 46,9%
- Guadiana ao 57,0%
- Tinto, Odiel e Piedras ao 69,9%
- Guadalete-Barbate ao 53,5%
- Guadalquivir ao 48,0%
- Cuenca Mediterránea Andaluza ao 33,9%
- Segura ao 22,1 %
- Júcar ao 26,0%
- Ebro ao 45,6%
- Cuencas internas de Cataluña ao 54,5 %
As precipitacións foron abundantes en toda a Península. A máxima produciuse en Navacerrada con 123,3mm (123,3l/m2).
A situación das concas, en hectómetros cúbicos, detállase no cadro adxunto:
AMBITOS | RESERVA TOTAL EMBALSADA | |||
---|---|---|---|---|
Capacidade Total | Ano Actual | Ano Anterior | Media dez anos | |
Cantábrico Oriental | 73 | 46 | 45 | 47 |
Cantábrico Occidental | 534 | 330 | 350 | 334 |
Miño-Sil | 3.030 | 1.571 | 1.778 | 1.656 |
Galicia Costa | 684 | 377 | 469 | 369 |
Cuencas internas do País Vasco | 21 | 12 | 14 | 13 |
Duero | 7.507 | 4.286 | 4.233 | 4.065 |
Tajo | 11.012 | 5.164 | 4.695 | 5.081 |
Guadiana | 9.266 | 5.277 | 6.025 | 5.380 |
Tinto, Odiel e Piedras | 229 | 160 | 161 | 167 |
Guadalete-Barbate | 1.651 | 883 | 1.051 | 941 |
Guadalquivir | 8.131 | 3.903 | 4.821 | 4.339 |
Vertiente Atlántica | 42.134 | 22.009 | 23.642 | 22.392 |
Cuenca Mediterránea Andaluza | 1.177 | 398 | 564 | 543 |
Segura | 1.141 | 252 | 463 | 427 |
Júcar | 3.337 | 866 | 1.190 | 1.123 |
Ebro | 7.511 | 3.424 | 4.439 | 3.870 |
Cuencas internas de Cataluña | 677 | 369 | 461 | 461 |
Vertiente Mediterránea | 13.843 | 5.309 | 7.117 | 6.424 |
Total peninsular | 55.981 | 27.318 | 30.759 | 28.816 |