• imprimir

A CHMS financia dúas bolsas formativas para os alumnos do CIFP A Carballeira (Ourense)

Becas A Carballeira

O investimento do organismo  é de 20.000euros
O centro escolar realizará a convocatoria e selección dos alumnos que realizarán as prácticas no laboratorio da Comisaría de Augas do organismo de conca

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñoz, e a delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,  asinaron hoxe un protocolo de colaboración a través do que se regula a entrega dunha subvención de 20.000euros para sufragar a formación práctica a dous alumnos do Centro Integrado de formación profesional A Carballeira- Marcos Valcarcel.   

No acto de firma estiveron acompañados polo Subdelegado do Goberno, Roberto Castro e por varios membros da Comunidade Escolar, entre outras autoridades. 

16-08-14-ProtocoloCHMS-XUNTA-practicas laboratorio

O período de prácticas terá unha duración dun ano, e será remunerado a través dun sistema de bolsas, polo que os beneficiarios non suplirán aos traballadores no Laboratorio de Análise, Control e Calidade das Augas da Comisaría de Augas da CHMS.

O propio centro convocará e seleccionará aos bolseiros de entre os alumnos que finalizan o Ciclo Superior de laboratorio de análise e de control de calidade.

"Desde a CHMS consideramos que unha formación de calidade, que inclúa un período de prácticas, é a clave para contar, nun futuro, con profesionais cualificados que coñezan o funcionamento real dos centros de traballo e que isto lles facilite a entrada no mundo labora"?, concluíu Francisco Marín.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.