• imprimir

O presidente da CH do Miño-Sil e o alcalde de Arbo asinan un convenio para a reparación das infraestruturas afectadas polos temporais dos primeiros meses do ano

Convenio Arbo

Executarase unha obra de drenaxe transversal na estrada que atravesa arroio Lamas

Será reparada a pasarela peonil sobre o río Fontemaría e construirase unha nova sobre o arroio innominado próximo ao paseo fluvial do río Deva

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), formalizou esta mañá o convenio de colaboración co Concello de Arbo (Pontevedra) que posibilitará a execución das obras de reparación e mellora das infraestruturas afectadas polas fortes precipitacións do primeiro trimestre do ano 2016, realizando un investimento que supera os 100.000 ?.

O presente convenio, rubricado polo presidente do organismo de conca,  Francisco Marín, e o alcalde do municipio, Horacio Gil,  ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, posta a disposición dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións contempladas no ?Proxecto de distintas actuacións de reparación e gran reparación de danos e mellora de infraestruturas no termo municipal de Arbo?.
.
As intensas choivas dos primeiros meses do ano  provocaron o  desbordamento do río Lamas, no lugar de Vos Eidos de Arriba, destruíndo parcialmente a obra de drenaxe transversal da estrada que cruza, sendo necesario proceder ao seu peche ao tráfico.

Por outra banda, víronse afectadas por desbordamento as pasarelas sobre as canles do río Cea e dun arroio innominado próximo á desembocadura do Deva, aínda que, no primeiro caso os danos foron leves, no segundo a pasarela non pode ser reparada e tivo que ser pechada ao paso.

16-07-08-Firma-Convenio-CHMS-CONCELLO ARBO-mejoras-danos-temporales2

Actuacións previstas

Mediante o presente convenio procederase á execución dunha nova obra de drenaxe transversal da estrada local que atravesa o lugar de Vos Eidos de Arriba no seu cruzamento co arroio Lamas; á reparación da pasarela peonil sobre o río Fontemaria, no paseo fluvial do Miño; e á construción dunha nova pasarela de madeira sobre un arroio innominado situado no paseo fluvial do río Deva.

O conxunto de obras citadas complementaranse coas actuacións de reutilización da Pesqueira do Frade, como miradoiro sobre o río,  entre a ponte internacional e o arroio Fonte María, e a mellora dos accesos ao mesmo para facilitar o seu uso aos cidadáns.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.