
O Goberno autoriza á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a reaxustar a súa achega á Universidade de Santiago de Compostela para continuar coa recuperación da vexetación de ribeira
- Detalles
- Venres, 18 Decembro 2015

No marco do convenio de colaboración entre ambas as institucións
O Consello de Ministros autorizou hoxe a primeira adenda ao convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño- Sil (CHMS) e a Universidade de Santiago de Compostela.
Esta adenda permitirá que, en 2016, ambos os organismos poidan continuar cos traballos que realizan para valorar e facer un seguimento do grao de afectación do decaimiento do aliso, nas concas hidrográficas Miño-Sil e Limia, e a sectorización dos seus tramos fluviais de augas correntes en relación ao mantemento da funcionalidade ecolóxica da súa vexetación de ribeira.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Santiago de Compostela, con este convenio, pretenden manter e recuperar a vexetación de ribeira que, desde hai anos, está a verse afectada en distintos ríos da demarcación hidrográfica do Miño-Sil pola doenza denominada ?decaimiento do aliso?, atribuída a un fungo.
No acordo, alcanzado polas dúas partes en xuño, a CHMS comprometíase a abonar á Universidade a cantidade de 45.000 euros, fraccionada en dúas anualidades, para o desenvolvemento dos traballos que se describen no convenio.
Ante a imposibilidade de executar a totalidade dos traballos previstos no presente exercicio, debido ao avanzado estado fenológico da vexetación obxecto de estudo, a Comisión de Seguimento celebrada o pasado mes de outubro acordou solicitar o reaxuste das anualidades que hoxe aprobou o Consello de Ministros.