• imprimir

O proxecto da nova sede da CHMS sairá a licitación en outubro deste ano

Nueva sede

Funcional, sustentable e adaptado ás necesidades reais do organismo son as claves deste novo proxecto

"Mirando de preto o río", lema que quere transmitir a CHMS con este novo proxecto, velar polas nosas canles fluviais e a proximidade e accesibilidade ao cidadán

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, acompañado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, presentaron esta mañá no salón de plenos do Concello o anteproxecto do edificio que albergará a sede do organismo de conca.

"Buscouse un deseño funcional, concentrando nun só edificio todas as oficinas da CHMS en Ourense para conseguir unha maior eficiencia dos servizos públicos e unha maior comodidade para os cidadáns que ao realizar calquera trámite ante o Organismo poderán facelo nun único lugar, evitando así desprazamentos innecesarios", explicou o presidente.

Características

Esta nova edificación, cunha superficie total aproximada de 6.000 m2, articúlase en tres volumes prismáticos de catro alturas (planta baixa máis 3) sobre rasante da rúa Francisco Lloréns, constando dun primeiro volume paralelo á Avenida Pardo de Cela, un segundo prisma triangular lindante coa citada rúa, e un terceiro prisma rectangular, intermedio entre ambos, que serve de núcleo de comunicacións e servizos do edificio.

15-10-09-Presentacion-PROYECTO-SEDE-CHMS2

Deseñouse un edificio acorde ás necesidades e estrutura actual da Confederación, cun mínimo de espazo excedente, tratando de conseguir un aforro importante no investimento.

Entre as características fundamentais habería que resaltar que traballamos sobre un deseño flexible e escalable o que implica que se opta por reducir ao máximo as divisións interiores fixas, en beneficio dun espazo diáfano compartimentado con particiones lixeiras (cartón-yeso, vidro, metal), facilmente reconfigurables en función das evolución das necesidades; e escalable porque pode aumentar de superficie, engadindo dúas plantas máis no futuro se fosen necesarias sen obrigarse a remodelar a estrutura, distribución e instalacións das plantas inferiores.

O forte desnivel da parcela, cedida polo Concello de Ourense, aproveitouse para xerar as plantas de aparcadoiro e arquivo integrando o conxunto na trama urbana co máximo aproveitamento posible.

15-10-09-Presentacion-PROYECTO-SEDE-CHMS1

Tívose moi en conta a eficiencia enerxética e a sustentabilidade e para iso proxectouse a orientación adecuada, situando a maioría dos despachos na fachada norte do edificio, o que supoñerá unha redución do consumo en refrixeración, deixando a fachada sur, máis asollada, para os espazos comúns e de paso.

Por outra banda, e para reducir o consumo en iluminación o proxecto móstranos un amplo corredor transversal intermedio que fai de pasarela interior de comunicación vertical e horizontal e permite a entrada de luz natural cara aos despachos máis afastados das fachadas exteriores.

"Desde un punto de vista simbólico e representativo da conca do Miño- Sil, utilizaremos materiais de construción autóctonos, como lousa, granito, madeira? E na fachada exterior do edificio proxectaremos, en propio vidro, o mapa que delimita e identifica a nosa demarcación hidrográfica dotando así á nosa nova sede de orixinalidade, simboloxía e personalidade propias", concluíu Marín.

 

Descargar PDF    Panel 1 (PDF-3.2MB) Panel 2 (PDF-2MB) Panel 3 (PDF-2.8MB)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.