
A Confederación do Miño-Sil retira os restos da vertedura de zurros depositados no regueiro Boedo en Guitiriz (Lugo)
- Detalles
- Luns, 20 Xullo 2015

A técnica utilizada consiste na creación de pequenas presas para confinar a vertedura e facilitar a extracción deste evitando así que se estenda coa corrente
Todo parece indicar que a vertedura procede dunha granxa existente na zona e o propietario desta se ofreceu a colaborar nos labores de recollida.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), traballa na retira dos restos da vertedura ao Regueiro Boedo, ao seu paso por Guitiriz (Lugo). Aínda que esta vertedura nos indican que aconteceu o pasado xoves, non foi ata o domingo pola mañá cando se comunicou o incidente a este Organismo de conca mediante unha alerta recibida no noso Centro de Control (CECU), a través do 112.
Unha vez recibida o aviso, a CHMS desprazou varios técnicos e axentes fluviais á zona do accidente para supervisar a situación e tomar as mostras que determinen a afección da vertedura. Por outra parte, este mesmo luns, o comisario de augas da CHMS, Xoán Nóvoa, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio da Xunta de Galicia, Carlos Vila, percorreron a zona para comprobar in situ o acontecido e buscar a solución máis rápida que poida evitar que a vertedura se estenda.
Esta mesma tarde, a empresa pública Tragsa iniciou os traballos; en primeiro lugar, procedeuse ao desvío da auga da canle augas arriba da vertedura, á altura dun camiño que discorre de norte a sur, para evitar que se siga lavando o zurro. Posteriormente, levantaranse pequenas presas, dende augas abaixo cara a augas arriba, por debaixo de onde se encontren as balsas máis grandes. Unha vez confinadas grandes cantidades do axente contaminante nas presas, procederase ao aspirado deste cunha cisterna, e un tractor agrícola.
Todo parece indicar que a vertedura procede dunha granxa existente na zona e o propietario desta se ofreceu a colaborar nos labores de recollida.