
O Goberno ratifica a colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Xunta de Galicia e Institucións e Cooperativas de Ourense no Proxecto Rexenera Limia
- Detalles
- Venres, 10 Xullo 2015

O proxecto "Life Rexenera Limia" vai utilizar un conxunto de técnicas innovadoras para reducir a presenza de nutrientes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nas masas de auga da Comarca da Limia ( Ourense)
O custo total do proxecto é de 1,7 millóns de euros, subvencionados pola UE nun 50%
O Consello de Ministros ratificou hoxe a autorización provisional para a subscrición do Convenio de colaboración (Partnership Agreement) entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), Cooperativas Ourensás Asociadas (COREN) e Ecolagunas, S.L., no Proxecto Rexenera Limia.
Todas as partes forman parte do partenariado do Proxecto "Life Rexenera Limia", aprobado pola Comisión Europea, DG Environment, no marco da convocatoria de 2013 do Programa LIFE+.
O obxectivo principal do proyecto é demostrar a viabilidade e eficiencia da aplicación dun conxunto de medidas innovadoras tanto preventivas como de rexeneración das masas de Auga da Comarca da Limia (Ourense), un sistema fluvial altamente modificado pola alta concentración agrogandeira.
O proxecto, en concreto, vai pór en marcha un conxunto de técnicas demostrativas para reducir a presenza de nutrientes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nas masas de auga da Comarca da Limia, o que contribuirá ao cumprimento dos obxectivos ambientais que establece a Directiva Marco da auga.
O custo total do proxecto é de 1.717.483 euros, dos cales o 50% será subvencionado pola Unión Europea e o outro 50% pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.