O delegado do Goberno e o presidente da CH do Miño-Sil visitan no Porriño as obras de restauración e protección de marxes do río Louro nas que o Ministerio investiu máis de 340.000 euros
- Detalles
- Xoves, 15 Xaneiro 2015
Os traballos executados garanten a protección de marxes do río contra as inundacións, conservando os seus valores ambientais e asegurando a súa integración na ordenación municipal
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de protección de marxes contra a erosión do río Louro, ao seu paso polo núcleo urbano do Porriño- Pontevedra-, nas que o Ministerio inverteu algo máis de 340.000 euros.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín, comprobaron in situ o resultado das actuacións, acompañados polo alcalde do Porriño, Nelson Santos, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello.
O obxectivo conseguido con estas actuacións é a recuperación ecolóxica e social do río Louro, respectando os valores ambientais do ámbito en que se enmarca e a súa integración na ordenación urbana.
PROXECTO
As actuacións comezaron coa reconstrución de 450 m3 de muros e diques de pedra afectados pola erosión do propio río, utilizando as mesmas pedras existentes e buscando un mellor encaixe entre elas para mellorar a eficacia destas estruturas de defensa de marxes.
Por outra parte, e utilizando técnicas de bioingeniería, construíuse un dique ao longo de 425 metros de canle, na que se empregaron biorrollos de malla de coco, mantas orgánicas e estaquillado con especies de ribeira autóctonas e pratenses, coas que se conseguiu, a estabilización dos noiros máis debilitados polas grandes enchentes de caudal.
Tamén se procedeu á recuperación de ambas as dúas marxes colocando estruturas de madeira en distintos tramos a xeito de estacadas combinadas con inserción de estaquillas enraizadas de salgueiros e mantas orgánicas, realizándose o reforzado con recheo de material aluvial que facilitará o enraizamento e posterior desenvolvemento do bosque de galería autóctono.
Por outra parte, realizouse o acondicionamento de 1.350 m2 de senllas peonís, con pavimento de jabre estabilizado con cemento e confinado entre bordos de madeira tratada.
Por último, e como complemento ás actuacións descritas, se procedeu á recuperación de varandas e pasarelas de madeira no paseo fluvial, á plantación en módulos de especies autóctonas de ribeira nas zonas máis degradadas e á colocación de elementos de sinalización con información relativa ás especies vexetais existentes na ribeira do río Louro.