• imprimir

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio finaliza os traballos de acondicionamento do regueiro Aboal en Mondariz (Pontevedra)

Aboal-Mondariz (Pontevedra)

O delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Confederación do Miño-Sil supervisaron as obras acompañados polo presidente da Deputación Provincial, polo subdelegado do Goberno en Pontevedra e polo alcalde do municipio

Os traballos, executados en sete meses cun investimento de máis de 240.000 euros, teñen o obxectivo de poñer en valor este regueiro, conservando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural e convertendo o seu ámbito nun elemento de recreo

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, executou as obras de "Acondicionamento de marxes do regueiro Aboal", ao seu paso por Mondariz -Pontevedra-, nas que se investiron máis de 240.000 euros.

14-12-10-visita-FINALIZACION-OBRAS-ABOAL-MONDARIZ3

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañado polo presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín, supervisaron as obras nunha visita á que tamén se sumaron o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, o alcalde de Mondariz, Julio Alén, e o subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, que comprobaron in situ o resultado das actuacións.

Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deseñou dentro do período 2007-2013, e que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora ambiental do ámbito dos ríos.

14-12-10-visita-FINALIZACION-OBRAS-ABOAL-MONDARIZ

O obxectivo conseguido polo Ministerio con este proxecto é a posta en valor do regueiro Aboal, conservando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural e convertendo o seu ámbito nun elemento de recreo.

Os traballos iniciáronse no núcleo de Aboal e estendéronse ao longo de 2,9 quilómetros de lonxitude, para concluír na confluencia do citado regueiro co río Tea. Os traballos consistiron no acondicionamento de canle e marxes e na construción dunha senda peonil ao longo do regueiro.

Para completar as actuacións e co obxecto de dar continuidade e lonxitude ao paseo, procedeuse á construción de varias pasarelas peonís de madeira que conectan ambas as dúas marxes e á construción dunha ponte de formigón, punto de conexión de varios camiños existentes o ámbito do regueiro.

14-12-10-visita-FINALIZACION-OBRAS-ABOAL-MONDARIZ4

Na execución das actuacións utilizáronse materiais respectuosos co medio natural no que se enmarca o proxecto e axeitados ao uso final destes.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.