• imprimir

A CHMS encomendou o vertedoiro de Ás Termas, ao Concello de Lugo, en decembro de 2012

Esta encomenda formalizouse a través dun convenio de colaboración, asinado entre ambas as dúas institucións, no que o Concello asume a explotación, mantemento e conservación das obras e infraestruturas

O organismo de conca analiza a calidade das augas do Anaco para valorar o inicio dun expediente sancionador

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), formalizou, o 4 de decembro de 2012, a encomenda de xestión mediante a cal o Concello de Lugo asume a explotación, mantemento e conservación das obras e infraestruturas do vertedoiro do Centro Comercial Ás Termas, situada na zona de "Ás Garaballas". Estas actuacións foran executadas polo organismo de conca mediante o denominado "Plan E".

Esta aclaración considérase necesaria atendendo á información aparecida na prensa de hoxe acerca do requirimento e esixencia do BNG en achegar por este organismo de conca e polo Concello de Lugo unha solución aos problemas de contaminación do río Rato na Garaballa, sendo responsabilidade da Administración Local a citada infraestrutura e a problemática de contaminación asociada ás mesma.

Por outra parte, o Organismo de conca, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente de protección e control do Dominio Público Hidráulico, e como consecuencia das últimas verteduras detectadas na zona da Garaballa, está a realizar as xestións previas de análise dos parámetros que determinan a calidade de auga do rio Rato, para, se é o caso, proceder á apertura dun expediente sancionador ao Concello de Lugo.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.