
A CHMS inicia os traballos de retirada de árbores caídas na canle do río Limia ao seu paso polo núcleo urbano de Xinzo
- Detalles
- Luns, 17 Febreiro 2014

En canto o nivel das augas permita traballar con seguridade, procederase tamén á realización de rozas selectivas e eliminación de especies invasoras
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), inicia os traballos de retirada de árbores caídas na canle do río Limia, ao seu paso polo concello de Xinzo de Limia.
Estas actuacións están enmarcadas dentro do proxecto de restauración Hidrolóxico-Forestal nos ríos de Ourense que fora presentado polo presidente da Confederación do Miño-Sil o pasado 13 de novembro na Subdelegación do Goberno, acto no que estivo acompañado polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.
Na inspección previa realizada comprobouse a existencia de varias árbores caídas sobre a canle co perigo de producir tapóns en estruturas de paso. Tamén se observou unha acumulación excesiva de vexetación arbustiva en ambas as dúas marxes e unha importante presenza de especies invasoras que contribúen a reducir a sección da canle e que podería provocar inundacións e avenidas.
Atendendo ao anterior, este organismo de conca programou actuacións no tramo urbano do río Limia, comezando coa retirada de árbores caídas na canle, para continuar, en canto o nivel das augas permita traballar con seguridade, con labores de roza selectiva e de eliminación de especies invasoras, respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas.
Estes traballos serán realizados, durante dúas semanas, por unha brigada composto por unha cuadrilla forestal de 5 peóns especialistas e un tractorista, que realizasen o seu labor fundamentalmente por medios manuais e con maquinaria compatible coa zona de actuación, todo iso co ánimo de non danar a vexetación de ribeira ben conservada. O tramo de actuación abrangue unha lonxitude de canle de 3 km.