• imprimir

A CHMS iniciou os traballos de restauración do regueiro de Arganza, afluente do río Cúa

Arganza-Río Cúa

O organismo de conca investirá máis de 17 mil euros nesta actuación, moi necesaria pola súa proximidade á zona urbana de Arganza

Unha brigada composta por 8 operarios traballa, dende hoxe, en máis de 1kilómetro de canle

Estas actuacións están incluídas no proxecto de restauración hidrolóxico-forestal dos ríos de León

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), traballa na restauración hidrolóxico-forestal de regueiro de Arganza, afluente do río Cúa, ao seu paso pola zona urbana da localidade que dá nome á corrente.

Estas actuacións están enmarcadas dentro do proxecto de restauración Hidrolóxico-Forestal nos ríos de León que fora presentado polo presidente da Confederación do Miño-Sil, Francisco Marín, e o subdelegado do goberno en León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, o pasado 29 de novembro.

O obxectivo desta actuación é a recuperación da sección orixinal da canle, mellorando a composición e estrutura da vexetación de ribeira, así como a calidade das augas, moi deteriorada pola presenza de residuos sólidos urbanos.

Da inspección previa á programación das actuacións, comprobouse que este regueiro urbano flúe moi encaixado polas construcións presentes, casas e muros de formigón, e se observa unha importante presenza de residuos solidos urbanos.

Por outra parte obsérvase unha presenza excesiva de vexetación heliófila de carácter invasor formada, na súa maioría, por silveiras rastreiras que, ao minorar a sección da canle, poden chegar a provocar inundacións na zona urbana e terreos lindantes en momentos de avenidas extraordinarias.

14-02-06-Inicio-de-las-actuaciones-en-Arganza3

A programación dos traballos realizouse atendendo á problemática concreta da zona, por iso realizaranse tratamentos selvícolas e roza da vexetación invasora existente, de escaso valor. A estas rozas sumarase a retirada de restos naturais que poidan estar retidos pola zona.

Como consecuencia deste tratamento selvícola xeraranse unha serie de restos, dos que, os máis grosos, serán transportados a un vertedoiro, mentres que os finos se trituran "in situ", conseguindo un aumento da cantidade de nutrientes do chan, favorecéndose os procesos edafogénicos.

Tamén se procederá á retirada selectiva de residuos sólidos urbanos acumulados en ambas as dúas marxes (entullos, ferralla, restos de podas, etc) que serán trasladados ao xestor autorizado.

14-02-06-Inicio-de-las-actuaciones-en-Arganza2

Estes traballos serán realizados durante un 20 días, por unha brigada forestal composto por 8 operarios (1 capataz forestal e 7 peóns especialistas), que realizasen o seu labor fundamentalmente por medios manuais e con maquinaria compatible coa zona de actuación, todo iso co ánimo de non danar a escasa vexetación de ribeira ben conservada.

A lonxitude do tramo obxecto da actuación é de 1.076 m. e investiranse máis de 17.000 euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.