A zona de risco de inundación, en Ponferrada, afectaría a unha poboación próxima aos 2000 habitantes
- Detalles
- Mércores, 05 Febreiro 2014
Os estudos que desenvolven a segunda fase da Directiva de inundacións (Directiva 2007/60/CE) así o demostran
A obriga do Estado, a través dos organismos de conca, é reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio e o patrimonio cultural
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), someteu a consulta pública os mapas de perigosidade e risco de inundación e delimitación de canles públicas, zonas de servidume, policía e fluxo preferente, das áreas con risco potencial significativo de inundación e das zonas inundables da demarcación hidrográfica do Miño-Sil.
Os datos para o municipio de Ponferrada indican unha afección ao territorio que abranguería unha zona de máis de 5 km2, co que se vería afectada unha poboación próxima aos 2000 habitantes.
Ademais dos estudos realizados para a elaboración desta información, tívose en conta a análise dos datos das inundacións históricas constatadas documentalmente que, entre os anos 1910 e 2010, ascenden a 26.
Atendendo á Directiva 2007/60/CE, de avaliación e xestión dos riscos de inundación e cuxa transposición ao ordenamento xurídico español se produciu a través do Real Decreto 903/2010, o obxectivo principal das institucións é reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio e o patrimonio cultural.
Esta Confederación hidrográfica do Miño-Sil co proxecto de "Defensa de marxes contra avenidas do río Sil na zona urbana de Ponferrada, Tramo: Ponte do Ferrocarril- ponte de Toral de Merayo", protexe a zona delimitada e identificada como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), cumprindo coa obrigatoriedade de incidir na prevención, a protección e a preparación para futuro, que establece a Directiva citada.
Para facilitar a consulta, achégase o enlace que define a zona urbana do municipio de Ponferrada:
http://sig.magrama.es/93/ClienteWS/snczi/Default.aspx?nombre=ZIF_RIESGO_POBLACION_Q500&claves=ID_POBLACI&valores=ES010-T500-LE-05-01-27925-10-POB-24115