• imprimir

A CHMS inicia, no Concello de Camponaraya, as obras de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos da provincia de León

Campo Naraya

Serán restauradas e acondicionadas ambas as dúas marxes do regueiro Gargalón

A duración dos traballos estímase en 15 días e serán realizados por unha brigada compostas por 9 operarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), iniciou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos da provincia de León cunha actuación no regueiro Gargalón, Concello de Camponaraya.

13-12-17-inicio-obra-restauracion-camponaraya1

Como paso previo, se realizou a inspección da zona de actuación e se comprobou unha acumulación excesiva de vexetación arbustiva e arbórea, con presenza de árbores secas e ramas caídas na canle e marxes, ademais de vexetación de carácter invasor, como silveiras e espadanas. Tamén se observou unha importante acumulación de residuos sólidos urbanos, debido á proximidade deste regueiro á zona urbana.

13-12-17-inicio-obra-restauracion-camponaraya2

Atendendo ás características da zona, programáronse actuacións de tratamento selvícola, consistente na roza da vexetación invasora, retirada de madeiros, tapóns e obstáculos sobre a canle, ademais da retirada dos entullos e lixos existentes, todo iso para facilitar o acceso á canle e marxes e evitar desbordamentos e avenidas en momentos de intensas chuvias. Por outra parte realizaranse podas selectivas de arbórelos e arbustos co que se favorecerá o seu posterior desenvolvemento.

 

13-12-17-inicio-obra-restauracion-camponaraya3

Con estas actuacións xeraranse residuos grosos que serán transportados a un vertedoiro autorizado e residuos finos que se triturarán "in situ", para conseguir aumentar a cantidade de nutrientes no chan, favorecendo con iso os procesos edafogénicos.

 

13-12-17-inicio-obra-restauracion-camponaraya5

A duración dos traballos estímase en 15 días e serán realizados por unha brigada compostas por 9 persoas, que utilizarán, ademais dun tractor con rozadora, outras ferramentas compatibles coa zona de actuación. Estas actuacións supoñen un investimento próximo aos 16.000euros.

 

13-12-17-inicio-obra-restauracion-camponaraya6

"Con estas obras conseguiremos un aumento da sección de desaugadoiro das canles con problemas de desbordamentos e trataremos de evitar ou minimizar os impactos que poderían provocar fortes crecidas e inundacións, para garantir, sobre todo, a seguridade das persoas e os seus bens", explicou Francisco Marín, presidente da CHMS.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.