
O delegado do Goberno e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil realizaron hoxe unha visita para ver os avances da actuación comprometida polo Estado en Santiago de Compostela
- Detalles
- Luns, 18 Novembro 2013

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio inviste 22 millóns de euros nas obras do interceptor xeral do río Sar
O tramo en execución, comprendido entre Pontepedriña e a EDAR de Silvouta, consta dun interceptor xeral e de sete incorporacións que recollen as verteduras de Conxo, Fervenza, Milladoiro, Vidán, Brandía e Laraño
Na actualidade está executada o 60% da obra e prevese a finalización desta no ano 2015
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Dirección Xeral da Auga, acomete as obras do proxecto do interceptor xeral do río Sar. Tramo: Pontepedriña- EDAR Silvouta en Santiago. Unha obra comprometida polo Estado, en cuxa execución se invisten máis de 22 millóns de euros, e que foi desbloqueada polo MAGRAMA en xullo deste ano, cando se retomaban as obras que se paralizaran en setembro de 2011.
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, acompañado por Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo responsable da dirección técnica do proxecto, realizaron hoxe unha visita á zona para supervisar o avance das actuacións comprometidas polo Estado. No percorrido estiveron acompañados polo alcalde de Santiago, Anxo Currás, e polo conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
A dirección das obras realizou in situ unha exposición detallada das actuacións e da cronoloxía dos traballos que se están a levar a cabo. Uns traballos, tal e como sinalou Samuel Juárez, "que seguen avanzando no obxectivo de mellora do saneamento de Santiago e que evidencian os esforzos do Goberno ao poñer en marcha unha obra prioritaria para a cidade en materia de depuración de augas, cumprindo cos obxectivos establecidos na Directiva Marco da Auga,".
Nese sentido, Juárez quixo facer fincapé no compromiso do MAGRAMA coa política ambiental, dirixida a traballar para "preservar recursos e servizos dos que depende o noso benestar".
PROXECTO
O proxecto describe a remodelación do sistema actual de saneamento e o control das augas de tormenta das concas vertentes ao río Sar. O tramo en execución, comprendido entre Pontepedriña e a EDAR de Silvouta, consta dun interceptor xeral e de sete incorporacións que recollen os vertidos de Conxo, Fervenza, Milladoiro, Vidán, Brandía e Laraño, e deseñada para tratar as verteduras dunha poboación a futuro de máis de 67.000 habitantes.
Máis en detalle, as obras consisten na execución dun tramo de interceptor e diferentes colectores de secundarios que se incorporarán a este mediante estanques de tormenta ou arquetas de control. A lonxitude total de canalización é 9,3 km e os seus diámetros varían entre 300 e 1.800 mm. O interceptor é de 5,7 km e os seus diámetros de 1.600 e 1.800 mm, utilizando en 2,3 km a técnica de finca, que permite a súa execución sen abrir gabias e con reducidas afeccións. Execútanse nas incorporacións 6 vertedoiros e 2 arquetas de control.
Estas actuacións inclúen a rehabilitación de 2,0 km de colectores existentes para o seu aproveitamento como colectores secundarios ou de conexión entre as estruturas de control e o interceptor.
As obras, que foran paralizadas en setembro de 2011, foron retoman este ano polo MAGRAMA e encóntranse actualmente executadas nun 60%. A súa finalización está prevista para o ano 2015.