• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licita o proxecto de construción da nova EDAR de Pontebarxas en Padrenda (Ourense)

O presuposto de licitación supera os 730 mil euros

O Convenio que posibilita esta actuación foi asinado o pasado mércores 16 de outubro en Padrenda

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), licitou por importe de 733.275 euros o proxecto de construción da nova EDAR de Pontebarxas (Ourense), tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

O convenio que posibilita esta actuación rubricouse o pasado mércores 16 de outubro, no Concello de Padrenda, entre o Presidente da CHMS, o Presidente da Deputación Provincial de Ourense e o Alcalde do Municipio.

O obxectivo desta actuación é a construción dunha nova EDAR para a conca vertente de Pontebarxas, con capacidade para tratar as augas de 600 habitantes/equivalentes, así como as actuacións complementarias que contribúan á mellora do saneamento dos núcleos de poboación da zona de Padrenda e a mellorar a calidade da auga do río Troncoso.

A presentación de ofertas poderá realizarse a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, ata o 19 de novembro de 2013, ás 14,00 horas

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.