28/07/2010
Confederación Hidrográfica do Miño -Sil inicia as obras de bacheo da estrada do Canal Baixo de Ponferrada (León)
A Confederación Hidrográfica do Miño –Sil (CHMS) iniciou, esta semana, as obras de bacheo e reforzo do firme dun tramo de 3.800 metros de lonxitude da estrada do Canal Baixo de Ponferrada, en León.
As obras, que contan un orzamento de 167.221,82 euros, dividiranse en tres tramos segundo o estado da estrada en cada un deles. O primeiro, que comeza na intersección coa Avenida de Asturias, presenta un gran deterioro polo que se procederá á renovación total do firme; no segundo tramo, que se inicia na Avenida de Galicia, reforzarase o firme xa que o seu desgaste é superficial, e no resto da estrada as obras limitaranse á sinalización, pintado de marcas viais e mellora da seguridade.